Spheric 2017 reúne en Ourense a 120 expertos de 21 países en simulación de fluídos

Este martes arrancou no campus de Ourense a celebración de Spheric 2017, o 12th International Smoothed Particle Hydrodynamics European Research Interest Community Workshop. A cita, organizada polo grupo da Universidade de Vigo Ephyslab, Environmental Physics Laboratory, e o Flanders Hydraulics Research, reúne a 120 expertos e expertas en simulación de fluídos procedentes de 21 países. Durante os tres días de encontro, levaranse a cabo 60 presentacións nas que se afondará nas últimas novidades tecnolóxicas e de aplicación do modelo computacional SPH, modelo emerxente que se emprega principalmente para realizar todo tipo de simulacións de fluídos, desde o impacto das ondas na costa ata a colisión de galaxias. “A resposta á convocatoria deste encontro en Ourense foi moi boa, superando a cifra de participantes de anteriores edicións”, destacou Alejandro Cabrera, investigador Ramón y Cajal do grupo Ephyslab e responsable do comité organizador.

Spheric, sinalan os responsables da cita, é unha organización apoiada pola European Research Community On Flow, Turbulence and Combustion (Ercoftac) e formada por máis de 70 institucións de todo o mundo que buscan promover o uso do modelo SPH (smoothed particle hydrodynamics), o modelo hidrodinámico de partículas suavizadas. Os seus encontros internacionais, como o que esta semana se celebra no campus de Ourense, indican desde a organización, “constitúen os únicos eventos mundiais que se centran exclusivamente na metodoloxía de hidrodinámica de partículas suavizadas e nos métodos de simulación relacionados”. A boa acollida e resultados que ten cada edición dos encontros Spheric, engaden, radican no feito de estar centrados nunha tecnoloxía moi específica e de uso emerxente, tanto a grande como pequena escala, e na contorna de aplicación interdisciplinar na que se move, integrando o coñecemento de expertos tanto do eido académico como empresarial de diferentes áreas, como a física, as matemáticas ou a enxeñaría

Publicidade

Na cita que se celebra na Facultade de Ciencias, inaugurada este martes por Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, participan expertos procedentes de, ademais de España, Italia, Francia, Reino Unido, Irlanda, Suíza, Bélxica, Alemaña, Países Baixos, Portugal, Suecia, Austria, Tunisia, Rusia, Estados Unidos, China, Corea do Sur, Australia, India, Canadá e Xapón. Entre os asistentes hai expertos e expertas de institucións públicas pero tamén de grandes empresas, como Mercedes, Renault, Shell, o Massachusetts Institute of Technology, o ESI Group, Shiseido e EDF Electricity of France. Nesta edición, explicaron en nome da organización tanto Cabrera Crespo como Ben Rogers, da University of Manchester, Spheric fai especial fincapé en trasladar as vantaxes deste modelo computacional ao tecido industrial, en que o sector privado coñeza esta tecnoloxía e as súas aplicacións. “O SPH ten moito que ofrecer en moitos campos”, destacou Ben Rogers durante a súa intervención.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do formigón de Ourense aos parques de Santiago: un estudo contrasta os dous modelos de zonas verdes

A cidade do sur galego é unha das tres con peor cobertura, con 4,6 metros cadrados por habitante, moi por debaixo da media de 14,15

O sueste de Ourense, entre as áreas de España con maior probabilidade de sufrir grandes lumes

Un estudo da UVigo baseado en máis de 120.000 simulacións alerta do impacto do cambio climático na evolución e intensidade dos incendios forestais

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un anticiclón subtropical afecta Galicia con máximas de 36 graos e con calor prevista ata inicios de xullo

MeteoGalicia advirte dun forte ascenso térmico en toda a comunidade e da posible aparición de tormentas no interior