Santiago participa no proxecto PathoGEN sobre enfermidades víricas nas vides

Investigadores da Universidade de Santiago participan no proxecto PAThOGEN  (Training ProgrAmme TO improve GrapEviNe virus knowledge and management) que ten como obxectivo mellorar o coñecemento sobre enfermidades de etioloxía viral na vide para conseguir unha mellor xestión dese tipo de doenzas. O grupo da USC, de Viticultura e Sanidade Vexetal, está formado por Antonio Segura Iglesias, Cristina Cabaleiro Sobrino e Julián García Berrios.

O proxecto co financiado polo programa Erasmus+ CE está coordinado desde Francia por investigadores do IFV (Institut Français de la vigne et du vin) e, ademais do grupo da USC e a Fundación Empresa Universidade de Galicia (FEUGA), participan nel investigadores de Italia (CREA, Consiglio per la ricerca per la agricultura e l´analise dell´economía agraria;  HORTA s.r.l., spin-off da Universitá Católlica del Sacro Cuore, Milán).

Publicidade

A súa actividade diríxese a todos os ámbitos do sector vitícola (viticultores, técnicos asesores, funcionarios de sanidade vexetal, técnicos de casas comerciais, viveiristas, investigadores en formación e alumnado), a quen se lles ofrecerá cursos en liña interactivos que serán posteriormente reforzados con adestramento en sesións de campo.

Os grupos desenvolverán ata 2018 diversos cursos piloto nos que ademais dun nivel básico e outro avanzado haberá un terceiro para pór a disposición dos técnicos asesores a posibilidade de xestionar a súa propia formación e mellorar así o servizo que prestan aos viticultores.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Confirmados os dous primeiros casos de peste porcina africana en España dende 1994

Os positivos foron detectados en xabarís achados mortos, o 26 de novembro, en Bellaterra (Barcelona) e notificados polos servizos veterinarios oficiais de Cataluña

Unha terapia CAR-T salva por primeira vez unha nena cunha rara enfermidade autoinmune

O Hospital Universitario La Paz logrou tratar a unha rapaza con dermatomiosite anti-MD5, unha doenza cun índice de mortalidade de ata o 66%

Un cangrexo de mil caras chamado cancro

O médico grego Hipócrates ideou o termo 'karkinos', que fai referencia ao animal mariño, e da que deriva o nome da segunda causa de morte no mundo

Primeira morte humana por gripe aviaria en Estados Unidos: pode acontecer en Galicia?

A Xunta destaca que a situación no territorio galego é de "vixilancia e certa preocupación" pola incidencia do virus nas aves