O Instituto de Física de Altas Enerxías de Santiago impulsa un ciclo de arte e ciencia

A escritora e xornalista Rosa Montero abre os encontros "Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia", xunto ao físico José Edelstein, profesor da USC

A escritora e xornalista Rosa Montero protagonizará este venres o primeiro dunha serie de diálogos virtuais organizados polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) cuxo obxectivo é explorar a transversalidade das ciencias e as humanidades, así como os seus vasos comunicantes. O encontro, moderado polo investigador do IGFAE José Edelstein, poderá seguirse en directo a través de Youtube e forma parte do programa ArtLAB.

Con motivo do confinamento que limitou ou eliminou as posibilidades de celebrar encontros divulgativos e culturais presenciais, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia pon en marcha un ciclo de diálogos virtuais entre o seu persoal investigador e figuras do ámbito cultural.

Publicidade

Baixo o título “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia”, este proxecto traerá nos vindeiros meses a figuras coas que exploraremos as interseccións entre a física, a ciencia e a cultura, así como outras reflexións cun enfoque interdisciplinar.

Rosa Montero será a primeira convidada no ciclo, nun encontro que terá lugar este venres 15 de maio ás 20:00 horas, a primeira entrevistada que participará nesta iniciativa. A través da canle de Youtube do IGFAE, o público poderá seguir e participar neste diálogo en directo dirixido polo investigador do IGFAE e profesor da USC José Edelstein.

Publicidade

“Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia” insérese dentro do programa ArtLAB do IGFAE, unha iniciativa que pretende tender pontes e fomentar a participación entre a sociedade e a comunidade investigadora a través de distintas expresións artísticas. Súmase así a “Cosmoloxías”, unha exposición de obras cartográficas inspiradas no Universo da artista Irene Dubrovsky, celebrada en marzo de 2019; e á conferencia “Física en concerto coas artes” da física teórica Ágnes Mócsy, impartida durante a II Semana da Ciencia do IGFAE en colaboración co Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Rosa Montero naceu en Madrid e estudou Xornalismo e Psicoloxía. Colaborou con grupos de teatro independente, como Canon ou Tábano, á vez que empezaba a publicar en diversos medios informativos como Fotogramas, Pueblo e Posible. Desde finais de 1976 traballa de maneira exclusiva para o diario El País, no que foi redactora xefa do suplemento dominical. En 1978 gañou o Premio Mundo de Entrevistas, en 1980 o Premio Nacional de Xornalismo para reportaxes e artigos literarios e en 2005 o Premio da Asociación da Prensa de Madrid a toda unha vida profesional. A súa obra abarca relatos, contos e textos xornalísticos, entre eles máis de 2000 entrevistas a personalidades de talla mundial. Entre as súas novelas destacan Tratareite como a unha raíña (1983), A filla do caníbal (1997), A ridícula idea de non volverte a ver (2013), O peso do corazón (2015) e a última, Os tempos do odio (2018). Foi premiada en multitude de ocasións e traducida a máis de 20 idiomas. Ademais, é Doutora Honoris Causa pola Universidade de Puerto Rico, membro de Honra da Universidade de Málaga, e en febreiro de 2019 creouse a “Aula Rosa Montero” na facultade de Xornalismo da Universidade Miguel Hernández de Elche (Alacante).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia aspira a construír un prototipo para o futuro colisionador de partículas do CERN

O IGFAE coordinaría a iniciativa xunto á colaboración da Xunta e do CDTI nunha acción estratéxica para a I+D+i na comunidade

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O catálogo ‘Quero ser investigadora’ alcanza a súa 6ª edición con dez historias de científicas da UVigo

O evento inclúe unha guía didáctica, contidos gamificados e unha versión audiolibro que conta cunha versión de lectura fácil

Ética científica

O debate está servido tras a retirada do artigo de Barbacid sobre o cancro de páncreas. Por Laura Filloy