Os programas Life, coa participación da USC, contan cun orzamento de máis de 12 millóns de euros

Os catro programas Life, que contan con participación de equipos do Campus Terra da USC, suman un orzamento global de máis de 12 millóns de euros -unha contía que inclúe o co financiamento de case 6,5 millóns (53%) por parte da UE-, ao tempo que deixan constancia da experiencia e do compromiso adquirido pola sede universitaria luguesa a prol da conservación e restauración dos ecosistemas naturais e a loita contra o cambio climático, tal e como salientou o vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo Andrés Barreiro Lois.

Barreiro fixo estas declaracións durante o acto organizado polo Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da USC na Casa do Saber de Lugo, co gallo da celebración do 25 aniversario da aprobación da Directiva Hábitats da UE – que contemplaba a creación da Rede Natura e a conseguinte posta en marcha dos programas Life como instrumento financeiro da UE, orientado de xeito exclusivo ao medio ambiente-. Este mecanismo integra, dende o seu nacemento, as prioridades relacionadas coa Rede Natura 2000, así como outros retos ambientais: o cambio climático, a loita contra a contaminación ou a mitigación das especies exóticas invasoras.

Publicidade

A sesión serviu de escenario para a exposición dos catro proxectos Life que contan coa participación do Campus Terra da USC. Así, o profesor e director do Ibader Pablo Ramil abordou na súa intervención o Life Tremedal; Paz Ondina Navarret o Life Margal Ulla; Antonio Rigueiro o Lugo+Biodinámico e Javier Ferreiro a Baccata. Ademáis participaron o concelleiro do Concello de Lugo e delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro; a deputada provincial Sonsoles López Izquierdo, e en representación da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia Jesús Latas, entre outros representantes políticos.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias

Do residuo ao tratamento: ingredientes contra doenzas animais a partir do bagazo de uva Albariño

Un proxecto europeo coordinado pola USC transforma 20 toneladas de residuos do viño en máis de 15.000 litros de extractos en diferentes formulacións

Identificados no noroeste peninsular 14 lagares de cera excepcionais en Europa

Un estudo da USC analiza a distribución de construcións tradicionais para aproveitar os produtos apícolas e das que apenas existen exemplos conservados no continente

A árnica mostra unha elevada diferenciación na península ibérica fronte ás poboacións europeas

Un equipo da USC revela as singularidades da planta medicinal e advirte da súa delicada situación polo seu uso continuado en farmacia e cosmética