Premio para o estudo dun caso clínico sobre trombose e cancro do CHUS

A investigación aborda unha problemática que é segunda causa de morte nos pacientes oncolóxicos, estimada entre un 20% e un 30%

O xurado da sétima edición dos premios Tinzaparina, impulsados pola farmacéutica LEOPharma, recoñeceu o traballo dun equipo de doutores do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. O traballo, co título, Trombose auricular dereita secundaria a catéter venoso central, acadou o primeiro premio entre os 57 proxectos presentados, recibindo un recoñecemento de 2.000 euros. Foi presentado por Martín Pérez Martelo, e nel tamén colaboraron Javier Álvarez Fernández, María Mateos González, Javier Pumares Pérez, Mar Fuentes Losada e Elena María Brozos Vázquez.

Estes galardóns visibilizan a investigación sobre a relación entre a enfermidade tromboembólica (ETV) e o cancro, así como analizar os seus factores de risco e discutir o tratamento máis adecuado para o paciente. Actualmente, a ETV é a segunda causa de morte nos pacientes oncolóxicos e calcúlase que entre un 20% e un 30% dos episodios de tromboses están asociados ao cáncer. Para combater estes riscos, utilízase, entre outros fármacos, a tinzaparina, nome do galardón recibido polo equipo do CHUS.

Publicidade

Os outros dous premios foron para grupos do Complexo Hospitalario Rexional de Málaga e o Complexo Hospitalario de Navarra. Tamén se concedeu un premio extraordinario sobre a Covid-19 a un estudo do Hospital Universitario Vall d’ Hebron (Barcelona).

O director do Foro de Oncoloxía sobre Trombose, no que se entregaron os premios, o doutor Pedro Pérez Segura, destacou o alto nivel de todos os casos presentados. “Foi tremendamente difícil destacar estes catro magníficos proxectos sobre o resto”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia, entre as comunidades con máis mortalidade por cancro: estas son as causas da desigualdade

Un informe europeo revela que a taxa de falecementos é maior e a redución de mortes é menor ca en rexións como Madrid e Cataluña

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Investigadores galegos redefinen as pautas de extubación despois dunha operación por ictus

O estudo, coordinado polo IDIS e o CHUS, mostra que, contrario ao que se pensaba, adiantar o espertar do paciente non mellora a recuperación funcional

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes