Premiado un estudo sobre as anomalías esqueléticas do linguado

Unha investigación da Facultade de Veterinaria de Lugo sobre as anomalías esqueléticas do linguado acaba de recibir o Premio Cristóbal de la Puerta para o desenvolvemento do sector gandeiro, un recoñecemento creado pola Editorial Agrícola Española. A súa autora é a doctoranda Ana Manuela Azevedo Gomes, do Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias, que logrou optimizar o radiodiagnóstico do linguado senegalés (Solea senegalensis) de cultivo, con vistas a mellorar a calidade do produto que chega ao consumidor. O traballo proba a existencia de anomalías esqueléticas nos linguados que permanecen desapercibidas logo dunha primeira avaliación esquelética macroscópica. A radiografía constitúe unha valiosa ferramenta para a detección deste tipo de alteracións da columna vertebral en xuvenís.Ademais, a tecnoloxía aplicada no estudo é válida tamén a noutras especies de peixes planos.
Máis información no seguinte enlace:
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2015_12/noticia_0084.html

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego producirá mexilla mellorada en criadeiro para combater a falta de semente silvestre

O sector do mexillón galego é responsable de preto da metade da produción que abastece a Unión Europea

Un novo método obtén penso saudable para peixes de acuicultura a partir de restos da industria cervexeira

O CSIC elabora alimento para douradas de cultivo a partir de microalgas que aproveitan minerais e nutrientes derivadas da elaboración de cervexa, o que pode reducir a sobrepesca

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A UVigo lidera un proxecto europeo para revolucionar os pensos de acuicultura

Un equipo do CIM desenvolverá un ingrediente alternativo e nutritivo para a alimentación de especies como a robaliza