GCiencia entra no Top 10 dos medios dixitais galegos mais vistos

GCiencia entrou esta semana no Top 10 dos medios de comunicación dixitais galegos máis visitados. Segundo o ránkig Alexa, o estándar de maior prestixio, a web da ciencia galega remata xaneiro como a páxina número 80 máis vista de Galicia, nunha clasificación que inclúe entidades financeiras, páxinas institucionais e mesmo xigantes como Inditex e as súas marcas. Sitúase entre os medios de comunicación máis lidos i entre os 10 máis visitados dos que son de carácter exclusivamente dixital.

GCiencia supera na clasificación á versión dixital de varios xornais xeralistas, con cabeceiras ben recoñecidas. Todo isto en só dous meses desde o nacemento deste novo medio de comunicación dedicado a I+D+i que se fai en Galicia.

Publicidade

GCiencia ten conseguido tamén un notable éxito na comunicación 2.0, con máis de 3.000 seguidores nas redes sociais, con especial relevancia en Facebook e Twitter. Ademáis, máis de 400 lectores están suscritos ó noso boletín semanal, no que reciben nos seus correos as novas de Gciencia.

GCiencia suma cada semana máis de 10.000 visitas de media, con picos diarios de ata 8.000 visitantes, en datas claves nos que os nosos temas teñen suscitado un especial interese. Así foi, por exemplo, coa nosa entrevista con Richard Stallman, gurú de Internet e impulsor do código aberto, que tivo ampla repercusión tamén en toda España e Iberoamérica.

Publicidade

400 lectores están suscritos ó noso boletín por e-mail e a cifra crece cada semana

O obxectivo de GCiencia é informar e divulgar o coñecemento. E poñer en valor a actividade de investigación e transferencia en Galicia. Un papel que cumprimos cun dato revelador: Máis de 80 blogs seguen actualmente ó noso portal e enlazan permanentemente as nosas novas e reportaxes.

Desde a estrea do portal, o 25 de novembro de 2013, GCiencia mantén un crecemento constante. E, tras consolidar a súa proposta, confía en mellorar os seus resultados e manter a súa liña ascendente como unha referencia entre os medios dixitais galegos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

CellCOM, Centum e TraffikGene gañan os X Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Os galardóns, creados en 2015 para recoñecer a investigación universitaria e a transferencia, serán entregados o 4 de decembro no Pazo de San Roque de Santiago

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades

Tremor no Caribe

Dous terremotos sacoden Venezuela e deixan un balance catastrófico con 1.450 falecidos e 3.150 feridos. Por Laura Filloy

A bordo do hantavirus

O gromo dunha enfermidade potencialmente mortal en alta mar. Por Laura Filloy