Sábado 12 Outubro 2024

GCiencia entra no principal plan estatal de cultura científica

GCiencia logrou o aval da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) para formar parte do seu programa de cultura científica, tecnolóxica e da innovación, o máis importante que se desenvolve en España. O organismo do Ministerio de Economía y Competitividad seleccionou o proxecto da web da ciencia galega para o financiamento de distintas liñas de actuación, que GCiencia levará a cabo entre 2014 e 215.

GCiencia é, con El País, Efe e TVG, un dos catro únicos medios de comunicación que aparecen no listado da Fecyt. En Galicia, só outras sete institucións superaron o proceso de selección: os concellos de Pontevedra e A Coruña, a Xunta, a Universidade de Santiago de Compostela, TVG e as entidades Ceo Aberto e SGAPEIO.

Publicidade

As tres liñas de actuación que GCiencia desenvolverá en colaboración coa FECYT son as denominadas BioGaliciaInnovarpara Emprender (I+E) e un plan de contidos audiovisuais.

Só oito institucións de Galicia foron aprobadas pola Fundación para la Ciencia y la Tecnología

A convocatoria de axudas da FECYT está dirixida ao fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación mediante proxectos audiovisuais, desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles e videoxogos, estudos sobre cultura científica, congresos científicos singulares, accións encamiñadas ao fomento da creatividade e as vocacións científicas, feiras de ciencia, apoio a redes de Unidades de Cultura Científica e da Innovación ou de Museos de ciencia e tecnoloxía, entre outros.

Publicidade

O proxecto presentado por GCiencia tivo que superar un complexo proceso de selección. Un experto externo realizou unha primeira avaliación, que pasou despois a subcomisión formada por un conxunto de especialistas nacionais e internacionais de recoñecida traxectoria e, posteriormente, á Comisión de Avaliación, composta pola Dirección Xeral da FECYTe os adxuntos de cada modalidade. A Xunta Reitora do Padroado da fundación ministerial avalou as cualificacións finais.

GCiencia obtivo unha valoración global do proxecto de 84 sobre 100. Destaca a puntuación outorgada á innovación e relevancia científico-técnica das actividades propostas (10 sobre 10), a definición de obxectivos e calidade do proxecto (14 sobre 15), público obxectivo (4 sobre 5), experiencia do equipo (9 sobre 10) e adecuación dos recursos aos obxectivos (14 sobre 15).

O comité avaliador valorou a calidade do proxecto, o grao de innovación e a experiencia do equipo

BioGalicia, primeira actuación que desenvolverá GCiencia (www.GCiencia.com), consiste nunha serie de reportaxes con motivo da celebración en 2014 do Ano da Biotecnoloxía en España, nos que se contarán os avances neste campo dos múltiples centros e empresas vinculados a ela que existen en Galicia. Será unha sección dentro de GCiencia que contará coa súa propia cabeceira e cun lugar destacado na portada da web, cuxo obxectivo será divulgar esta rama investigadora. Os propios científicos e os beneficiarios do seu desenvolvemento en ámbitos como agricultura, farmacia, ciencia dos alimentos, medio e medicina, serán os que, coas seus testemuñas, axudarán a comprender as vantaxes desta rama da ciencia. As reportaxes, trilingües (castelán, inglés e galego), prestarán especial atención ás persoas que fan posibles co seu exemplo as vantaxes do desenvolvemento da biotecnoloxía e o seu impacto social e económico.

Outra sección análoga será a Serie I+E (Innovar para Emprender), con 20 reportaxes ao longo do ano dedicadas a divulgar exemplos de empresas que alcanzaron o éxito comercial a través da innovación en Galicia. Dende unha perspectiva humana, os relatos xornalísticos, tamén trilingües, contarán as historias de empresas galegas que, grazas á súa aposta pola ciencia e pola economía do coñecemento, e en particular mediante programas de innovación implantados co apoio das Administracións central e autonómica, están a triunfar no ámbito internacional e desafiando a crise.

GCiencia, que cumpre un ano o día 25, publicará series sobre biotecnoloxía, empresas e investigación

GCiencia desenvolverá ademais un plan de contidos audiovisuais, coa filosofía de divulgar en todo o mundo a ciencia e a investigación feitas en Galicia. Para iso, realizaranse dez pezas audiovisuais que se publicarán cunha periodicidade mensual (agás xullo e agosto) na propia web. Nas devanditas pezas audiovisuais buscarase achegar a actividade investigadora á sociedade.

GCiencia, que o próximo 25 de novembro cumprirá o seu primeiro ano de existencia, é unha publicación de Ciencia Galega de Industrias Creativas, S. L. creada e codirixida por Eduardo Rolland Pablo López, dous xornalistas de contrastada traxectoria profesional. O seu coordinador dixital é Alberto Quian. Neste tempo, GCiencia converteuse no medio de comunicación de referencia da ciencia en Galicia e posicionouse como oitavo medio galego en Internet e o primeiro nativo dixital (ranking Alexa), por diante das versións dixitais de xornais de gran tradición na comunidade autónoma como Atlántico Diario, Diario de Arousa ou El Ideal Gallego. Neste primeiro ano, os contidos ofrecidos pola plataforma dixital suman un millón de visitas que chegaron dende a práctica totalidade de países do mundo, con noticias que alcanzaron picos de decenas de miles de clics.

Lea a noticia en castelán.

2 COMENTÁRIOS

  1. GCiencia es una de mis páginas de Ciencia de referencia. Soy Profesora de Biología y Geología en un Instituto y utilizamos mucho este sitio web para mantenernos informados de los los acontecimientos y noticias de Ciencia no solo de Galicia, sino del Mundo.
    Non encanta que el proyecto crezca y estaremos atentos a esos audiovisuales.

    Muchas gracias y Enhorabuena GCiencia!

  2. GCiencia é unha das miñas páxinas de referencia. Son profesora de Bioloxía e Xeoloxía nun Instituto e moitas son as veces que a utilizamos na clase para manternos ao día do acontecer en Ciencia no so en Galicia, senón do Mundo.
    Encántanos que o proxecto medre, estaremos atentos a eses audiovisuais de divulgación.

    Moitas grazas e Parabéns, GCiencia!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Duplícase o número de nenos de 5 a 14 anos que non saben falar o galego en cinco anos

A nova Enquisa estrutural a fogares do Instituto Galego de Estatística revela que o castelán xa é máis predominante na comunidade

O ceo galego tínguese de rosa: así foi a nova (e espectacular) aurora boreal

Unha potente tormenta xeomagnética iluminou a noite do xoves cunha cor específica dos fenómenos nos niveis máis altos da ionosfera

A desaparición da ostra salvaxe en Galicia revela a deterioración do leito mariño

Un equipo europeo con participación do IEO de Vigo elabora o rexistro máis completo sobre a antiga extensión da especie bentónica nun estado silvestre

Así chega un furacán convertido en borrasca: radiografía de Kirk e do seu paso por Galicia

O físico Gonzalo Míguez Macho analiza a natureza deste fenómeno meteorolóxico extremo e a súa transformación