No seu blog Agua de Marte, publicado por GCiencia, Nicolás Pastoriza gusta de somerxerse no suxestivo vínculo que relaciona a cultura pop coa ciencia. O cantante e compositor vigués, antigo membro de bandas como La Marabunta ou Ectoplasma, quixo sumarse ao noso primeiro aniversario co regalo desta deliciosa canción, titulada Antimateria. O vídeo, realizado por Luis Montenegro, é unha homenaxe á expedición á Lúa do Apolo 12, a primeria en cor. Nunca tivo a fama do Apolo 11 nin unha película, como o Apolo 13, pero tamén está de aniversario: aconteceu hai exactamente 45 anos.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK