TodoCosmos convoca observacións astronómicas en Sanxenxo, Rianxo e Pico Sacro

Rianxo, Sanxenxo e o Pico Sacro son as localizacións nas que nos próximos días o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (OARMA) realizará as actividades do programa de divulgación astronómica TodoCosmos, financiado por FECYT-Ministerio de Economía e Competitividade. Así, este venres 22 está programada unha sesión de observación dende o Paseo a Ribeira (Rianxo), similar á que se celebrará o sábado 23 no Paseo de Silgar (Sanxenxo) e o domingo 24 dende o Pico Sacro. Nesta última cita, se as condicións meteorolóxicas o permiten, haberá oportunidade de contemplar os fogos do Apóstolo. Nas tres citas, as sesións comezarán ás 22.30 horas.

Xa para a vindeira semana, están previstas sesións na parroquia de Pereira, en Ordes o día 28 e dende o paseo marítimo de Noia o día 30. Na primeira quincena de agosto, TodoComos desprazarase a Monte Xalo/Carral, Rianxo, Sanxenxo, Noia, Ribadeo, Vilar de Santos (Ourense), Allariz, Monte da Grela (Teo) e Padrón. A programación completa para as próximas semanas irase actualizando na web do Observatorio. Nesta edición colaboran no desenvolvemento de TodoCosmos os concellos de Allariz, Ames, Boqueixón, Lalín, Noia, Ordes, Oroso, Padrón, Rianxo, Ribadeo, Santiago, Sanxenxo, Teo, Vedra e Vila de Cruces.

Publicidade

Ademais das sesións de TodoCosmos, o Observatorio da USC colabora un ano máis no desenvolvemento das visitas astronómicas na Cidade da Cultura, previstas para o 29 de xullo (23.00 horas) e para os días 5, 12 e 26 de agosto (22.30 horas). O equipo que se encargará das actividades está composto polo director de TodoCosmos e do OARMA, José Ángel Docobo, Pedro Pablo Campo Díaz, José Ramón González Romay, María Brea Mato e Jorge Gómez Crespo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Conta atrás para a eclipse parcial de Lúa: por que se tinguirá de vermello e cando acadará o seu máximo

O fenómeno comezará ás 4.34 horas e rematará ás 9.01, sen que se precisen lentes especiais para a súa observación

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais