O xornalista e divulgador Antonio Martínez Ron presenta en Santiago ‘El ojo desnudo’

No soto do Museo de Ciencia e Industria de Manchester hai unha caixa de cristal cunhas pequenas labras que resultan ser restos dos globos oculares de John Dalton, o pai da teoría atómica e o primeiro científico en describir a cegueira á cor.

A partir desa anécdota, e coa vida de Dalton como fío condutor, o xornalista e divulgador científico Antonio Martínez Ron (Madrid, 1976) reconstrúe no seu libro El ojo desnudo unha historia do noso coñecemento da visión e da luz a vez que explica por qué vemos como vemos e cómo alcanzamos a comprender fenómenos que van moito máis aló do que os nosos sentidos detectan. Nas súas páxinas, o autor tenta dar resposta a cuestións como que é a cor, a luz ou como aprendemos a mirar o universo. Unha viaxe desde o ollo dos primeiros homes que observaron o ceo a simple vista ata o de aqueles que deron volta aos instrumentos para mirar dentro de nós mesmos.

Publicidade

El ojo desnudo presentarase este mércores 9 ás 20.00 horas no Museo de Historia Natural da USC nun acto no que ademais do autor intervirán Manuel Vicente, de ‘Efervescencia’, e Juan Ignacio Pérez Iglesias, coordinador da cátedra de Cultura Científica da UPV/EHU e autor do prólogo do libro. Na organización deste evento literario participan Divulgacción e Regueifas de Ciencia’16, que celebra a súa cuarta sesión este xoves 11 con Martínez Ron e Pérez Iglesias como relatores.

Antonio Martínez Ron traballa como redactor xefe de Next, a sección de Ciencia de Vozpopuli.com, e é colaborador do programa Órbita Laika (TVE) e de medios como a revista Quo, Yahoo! e Onda Cero. Dirixiu o documental ‘El mal del cerebro’, premio Boehringer 2013 ao mellor traballo de xornalismo de Medicina, e desde 2003 recolle os seus “asombros diarios” en Fogonazos.es.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tapar o cheiro dos peregrinos? Non, este é o verdadeiro propósito do botafumeiro da Catedral de Santiago

O divulgador de historia da arte El Barroquista desmonta unha crenza estendida e sinala que a súa función estaba ligada á solemnidade do templo

Non estaban tolas

Rescatados 23 testemuños de violencia machista dos arquivos do psiquiátrico de Conxo

Do formigón de Ourense aos parques de Santiago: un estudo contrasta os dous modelos de zonas verdes

A cidade do sur galego é unha das tres con peor cobertura, con 4,6 metros cadrados por habitante, moi por debaixo da media de 14,15

Maior Pérez e o seu instinto empresarial na Pontevedra do século XIV

A nobre de orixe compostelá, unhas das máis poderosas do seu momento, impulsou uns baños públicos únicos na Galicia medieval