O reitor de Santiago recibe a representantes de universidades de Uzbekistán e Kazakhstan

O reitor Juan Viaño recibiu unha delegación de representantes de universidades de Uzbekistán e Kazakhstan que esta semana participan na xuntanza de lanzamento do proxecto europeo ECCUM (Establishment of Computing Centers and Curriculum Development in Mathematical Engineering Master program), que coordina a USC. No despacho reitoral de San Xerome, o reitor reuniuse con seu homólogo da International Information Technologies University, Damir Shynybekov; co vicerreitor de Investigación da Urgench State University, Ikram Abdullaev; e co vicerreitor de Asuntos Académicos da  Bukhara Institute of Engineering and Technology, Olimov Kahramon.

A xuntanza serviu para repasar as colaboracións que estas universidades manteñen activas coa institución académica compostelá. Como se detallou no encontro, a USC mantén dende hai anos intercambio de estudantes coas universidades asiáticas, ademais de cooperar en proxectos conxuntos como o iniciado estes días para a implantación dun máster de enxeñaría matemática en Asia Central que tomará como referencia a experiencia da USC neste ámbito ou, anteriormente, outro para a formación en enxeñaría agroforestal.

Publicidade

A USC coordina o proxecto europeo ECCUM (Establishment of Computing Centers and Curriculum Development in Mathematical Engineering Master program) no que participan universidades de Uzbekistán, Kazakhstan, Eslovenia e Italia, co apoio do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga). A finalidade do proxecto será o desenvolvemento dun máster de alcance interuniversitario na zona de Asia central inspirado na experiencia docente da USC no ámbito da enxeñaría matemática e a matemática industrial así como o despregamento dunha rede de centros de cálculo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía