O profesor da USC Alberto Arce, condecorado coa Encomenda da Orde Civil de Alfonxo X El Sabio

O ministro de Educación, Cultura e Deporte concedeulle ao catedrático xubilado da USC Alberto Arce Arce a Encomenda da Orde Civil de Alfonso X o Sabio polas súas cinco décadas de dedicación ao eido académico, investigador e de xestión universitarias. O profesor Arce, que hoxe se declaraba “moi emocionado” polo recoñecemento, é unha “referencia no eido da Enxeñaría Química en España”, segundo recolle o comunicado do Ministerio.

Na Universidade de Santiago Alberto Arce impartiu máis de 20 materias diferentes en áreas de Química Industrial e Enxeñaría Química, dirixiu máis de 60 proxectos fin de carreira e traballos de fin de grao e tivo un papel moi activo nas comisiones de implantación na USC da especialidade de Química Industrial dentro da Sección de Química, a titulación de Enxeñaría Química, o grao de Enxeñaría Química e o Máster de Enxeñaría Química e Bioprocesos.

Publicidade

Alberto Arce
O profesor Arce defendeu en 1970 a súa tese doutoral baixo a dirección do profesor Gabriel Tojo e na actualidade é profesor emérito na Escola Técnica Superior de Enxeñaría. En 1976 crea o seu propio grupo de investigación, Procesos de Separación e Equilibrio entre Fases, do que aínda é coordinador. Ao longo da súa traxectoria académica participou en 12 proxectos de investigación autonómicos, 9 estatais e 3 europeos. Cun factor h de 36, posúe 180 publicacións indexadas na ISI Web of Knowledge e máis de 3.500 citacións.

É pioneiro en España na investigación con líquidos iónicos na área de enxeñaría química e autor dunha patente internacional, aprobada con exame, para a síntese de nanopartículas con líquidos iónicos. A súa capacidade de formación de investigadores colocou os seus doutorandos en recoñecidos postos de investigación en todo o mundo (Bayer, CEPSA, Dow Chemical, Inditex…). O seu gran prestixio internacional levouno a ser nomeado representante español do Working Party on Thermodynamics and Transport Properties da Federación Europea de Enxeñaría Química.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gumersindo Feijoo: “Os nosos fillos e netos vivirán menos se abandonan a dieta atlántica”

O catedrático de Química da USC e director científico do CRETUS ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

O CiQUS obtén o selo de Unidade de Excelencia María de Maeztu

O centro da USC recibirá arredor de tres millóns de euros para os próximos catro anos a través do recoñecemento do Ministerio de Ciencia

O investigador Cristóbal Pérez súmase ao CiQUS para impulsar a espectroscopía molecular

O científico ten unha traxectoria recoñecida a nivel internacional no deseño e aplicación de instrumentación avanzada para estudar a estrutura e dinámica de sistemas moleculares complexos

Tres etapas, unha carreira: mulleres que fan ciencia no CiQUS

Investigadoras do Centro Sigular da USC relatan retos, avances e desigualdades dende a formación inicial ata o liderado con motivo do 11F, o Día da Muller e a Nena na Ciencia