O Nobel de Química Jean Pierre Sauvage visita Galicia en novembro

Xa hai nome para o novo convidado do Programa Conciencia, dirixido polo catedrático da USC Jorge Mira. A finais de novembro, segundo anunciou o científico galego a través das redes sociais, estará en Galicia Jean Pierre Sauvage, investigador francés que recibiu en 2016 o premio Nobel de Química xunto a Ben Feringa e Fraser Stoddart. O galardón recoñeceu o traballo dos tres científicos no deseño e síntese das máquinas moleculares.

Estes compostos, que se poden regular segundo os investigadores decidan, poden ter aplicacións nos medios biolóxicos e artificiais, como ascensores e válvulas, e tamén poden usarse como transportadores de fármacos. Neste senso, varios científicos galegos manteñen colaboracións con Feringa (CiQUS de Santiago) e Stoddart (Grupo Quimolmat da UDC).

Publicidade

Sauvage, nacido en París en 1944, estudou na universidade Louis Pasteur de Estrasburgo e traballou no Centre national de la recherche scientifique (CNRS) e é profesor emérito da universidade de Estrasburgo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O CiQUS obtén o selo de Unidade de Excelencia María de Maeztu

O centro da USC recibirá arredor de tres millóns de euros para os próximos catro anos a través do recoñecemento do Ministerio de Ciencia

O investigador Cristóbal Pérez súmase ao CiQUS para impulsar a espectroscopía molecular

O científico ten unha traxectoria recoñecida a nivel internacional no deseño e aplicación de instrumentación avanzada para estudar a estrutura e dinámica de sistemas moleculares complexos

Tres etapas, unha carreira: mulleres que fan ciencia no CiQUS

Investigadoras do Centro Sigular da USC relatan retos, avances e desigualdades dende a formación inicial ata o liderado con motivo do 11F, o Día da Muller e a Nena na Ciencia

O químico José Luis Mascareñas recolle o Premio Rei Jaume I de Investigación Básica

O investigador do CiQUS foi distinguido polos seus pioneiros traballos que introducen reaccións catalizadas por metais en células vivas