Fronte á innovación tecnolóxica no eido audiovisual, os estándares de calibración dos sistemas de audio das salas de cine seguen a ser os mesmos que se empregaban hai 40 anos. Cómpre unha revisión e actualización, na que se atopa traballando o laboratorio de acústica da Universidade de Vigo, Sonitum, en colaboración co investigador Philip Newell. O enxeñeiro inglés explica que “nos dous próximos anos van cambiar os estándares e normativas para o son nos cines de todo o mundo, porque os actuais están baseados totalmente nos de hai catro décadas”. Como parte da investigación que están a levar a cabo, este mércores desenvolveron na EE de Telecomunicación unha serie de test psicoacústicos que buscan principalmente coñecer a percepción dos participantes sobre como a altura dos micros inflúe no que escoitan. Para iso, o salón de actos do centro converteuse nunha sala de cinema na que os voluntarios escoitaron un estrato dunha película situados en diversas localizacións da sala, como explica o enxeñeiro de Sonitum David Santos.
Máis información no seguinte enlace:
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK












