O físico da USC José Luis Miramontes, premiado pola revista Journal of Physics A

José Luis Miramontes, catedrático da Facultade de Física da USC, foi galardoado xunto a dos compañeiros investigadores co premio Best Paper Prize, que outorga anualmente a revista científica Journal of Physics A. O artigo, titulado An integrable deformation of the AdS5 × S5 superstring, enmárcase no estudo da correspondencia AdS/CFT, unha conxectura formulada polo profesor arxentino Maldacena hai case vinte anos. Refírese á equivalencia entre unha teoría de cordas, que describe a interacción gravitatoria, e unha teoría de campos conforme, que describe interaccións similares ás que gobernan a física de partículas. No texto, ademais de Miramontes, participaron os investigadores Timothy J. Hollowood, da Universidade de Swansea (Gales), e David M. Schmidtt, do Instituto de Física Teórica de Sao Paulo (Brasil).

No artigo do profesor Miramontes e os seus colaboradores propón unha xeneralización da teoría de supercordas no espazo-tempo AdS5xS5 que utiliza a propiedade de integrabilidade e que podería conducir a unha xeneralización da equivalencia proposta por Maldacena, segundo informa a web da USC.

Publicidade

O profesor Miramontes dirixe actualmente o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e organizou varios congresos sobre física de partículas celebrados en Santiago. Durante  os últimos anos traballou co profesor Hollowood na aplicación da propiedade coñecida como integrabilidade ao estudo das teorías de campos e teorías de cordas en relación coa física de partículas. Os dous investigadores comezaron a colaborar co doutor Schmidtt hai catro anos mentres este realizaba unha estancia posdoutoral na USC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

A historia de Sancha e do crego Vivian: vivir á marxe do matrimonio no Lugo do século XIII

Un estudo da USC analiza dous textos do mosteiro de Oseira nos que aparece por primeira vez na documentación galega a palabra "concubina" dunha forma non represiva

Que hai detrás dunha axuda Marie Curie? Catro investigadores contan como conseguiron a súa

Atopar un grupo receptor complementario, construír un proxecto sólido e contar con apoio institucional son algunhas das claves que destacan os beneficiarios das bolsas europeas no CiQUS