O Congreso Internacional da Auga reunirá en Ourense a expertos de 11 países

O Congreso Internacional da Auga reunirá en Ourense a expertos de 11 países

Expertos de Francia, Italia, Brasil, Arxentina, Estados Unidos, Portugal, Reino Unido, Ecuador, México, Finlandia e España participarán os días 23 e 24 de setembro no I Congreso Internacional da Auga e no I Simposio Internacional de Termalismo e Calidade de Vida. As dúas citas celebraranse en Expourense conxuntamente e vinculadas a Termatalia, a 15ª Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar. O evento permitirá tamén visibilizar a investigación que se fai neste eido na Universidade de Vigo e que na actualidade conflúe no proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga.
Nesta cita teñen cabida estudos teóricos e investigacións aplicadas que poden contribuír á mellora do coñecemento neste sector de actividade e que poden axudar ás administracións a deseñar mellores políticas públicas. Segundo explican os seus organizadores, a iniciativa quere ser un instrumento útil para investigadores, profesionais, sector empresarial e administracións. Para acadalo, o I Congreso Internacional da Auga, ao que asistirán arredor de 200 persoas, terá sesións plenarias, conferencias, talleres, comunicacións e pósters nos que expertos estatais e internacionais exporán os seus traballos vinculados coas temáticas do congreso. Estas temáticas son as augas mineromedicinais e termais; o patrimonio e a arquitectura termal; o turismo experiencial e de saúde e a investigación xeral sobre a auga.
 
Podes ler máis sobre o congreso no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación

A volta das lapas

As consecuencias dos incendios do verán de 2025 e o primeiro gran lume de 2026. Por Andrea Veiga