O catedrático da UDC Ricardo Cao, Premio Nacional de Estatística

O galardón que outorga o INE enxalza a traxectoria científica do investigador galego, que recibirá 30.000 euros

O Instituto Nacional de Estatística vén de anunciar a concesión do Premio Nacional de Estatística 2023 ao catedrático da Universidade da Coruña Ricardo Cao Abad. O galardón, dotado con 30.000 euros, ten como finalidade recoñecer a achega e labor científico no campo da estatística, manifestada por medio da traxectoria profesional dos candidatos ou como recoñecemento a unha obra singular.

Ricardo Cao é catedrático dno departamento de Matemáticas, da área de Estatística e investigación operativa. Coordina o Grupo de investigación Modelización, Optimización e Inferencia Estatística. É profesor de Estatística e Investigación de Operacións da Universidade da Coruña desde 1991. As súas liñas de investigación abranguen a estatística non paramétrica, o bootstrap, a análise de supervivencia, a análise de datos funcionais, a análise estatística de datos de gran volume (big data), a análise de datos dependentes, a verosimilitude empírica e a modelización estatística en ciencias dos materiais, en risco de crédito, en xenómica, e neurociencia e en malherboloxía.

Publicidade

Na actualidade é editor Asociado das revistas TEST e Computational Statistics. Anteriormente foi editor Xefe das revistas TEST, Computational Statistics e Journal of Nonparametric Statistics. A súa docencia céntrase no Máster Interuniversitario de Técnicas Estatísticas, coorganizado polas tres universidades galegas, así como no Máster Universitario de Bioinformática para as Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña e no Grao de Ciencia e Enxeñaría de Datos da Universidade da Coruña. Desde marzo de 2020 é o presidente do Comité de Expertos da Acción Matemática contra o Coronavirus creado polo Comité Español de Matemáticas (CEMat).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Campaneiro, coroceiro e muiñeira: unha exposición retrata profesións galegas tradicionais en desaparición

A mostra foi elaborada por máis de 30 estudantes e poderá visitarse no Museo Etnolóxico de Ribadavia ata abril de 2027

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes