O alcalde de Marinaleda pecha en Pontevedra a Semana Galega de Filosofía

A Semana Galega de Filosofía volve traer a Pontevedra un espazo para a reflexión, nesta edición baixo o lema ‘Filosofía e o común’. O alcalde da localidade sevillana de Marinaleda, Juan Manuel Sánchez Gordillo, destacado activista na loita contra o capitalismo e defensor dos xornaleiros fronte aos terratenientes, clausura estas xornadas centradas este ano na aposta polo común, o colectivo e o comunitario na sociedade actual.

Gordillo foi recibido no Concello polo alcalde Miguel Fernández Lores, cos que estivo a intercambiar impresións. O mediático político expoñerá esta noite, a partir das 20 horas, no Teatro Principal, o modelo social cooperativo que defende e que tenta aplicar na súa vila.

Publicidade

A penúltima xornada da Semana de Filosofía contou onte entre os relatores coa profesora da Universidade Complutense de Madrid, Laura Mijares, que achegou ao debate a cuestión da islamofobia nas sociedades actuais. “A islamofobia forma parte do contexto social, político e ideolóxico, vai máis aló do propio Islam e aféctanos a todos”, sinalou na súa intervención.

Outro dos relatores da xornada de onte foi Pablo Carpintero Arias, investigador de instrumentos musicais tradicionais galegos e lutier, que falou sobre a música como elemento identitario e a súa relación coa lingua e a paisaxe.

Publicidade

A literatura oral como tesouro comunitario a preservar e incrementar foi o tema do relatorio que pronunciou pola noite o profesor mozambiqueño Aurelio Fabião Ginja.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Viaxar no tempo

As últimas escavacións en Santa Clara sacan á luz un tesouro arqueolóxico. Por Laura Filloy