Un remuíño no ceo meridional

Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, ChileScope
Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, ChileScope

Explicación:  a uns 70 millóns de anos luz de distancia, esta excepcional galaxia espiral NGC 289 é máis grande cá nosa propia Vía Láctea. Case de fronte a nós, o seu núcleo brillante e o disco central cheo de cor ceden o paso aos destacados brazos espirais, tenues e azulados. Os amplos brazos espállanse ben uns 100 anos luz desde o centro galáctico. Na parte inferior dereita deste definido retrato telescópico da galaxia, o brazo espiral principal parece atoparse cunha galaxia elíptica compañeira, pequena e difusa, que está a interactuar coa enorme NGC 289. Por suposto, as estrelas con puntas están por diante da escena. Atópanse no interior da Vía Láctea cara a constelación meridional Escultor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo