Un novo programa de bolsas para traballar nas ‘start-ups’ máis punteiras de EEUU

A Fundación Barrié e a asociación The Exponential Fellowship presentan a primeira edición dunha iniciativa dirixida a titulados universitarios de disciplinas técnicas

A Fundación Barrié e a asociación The Exponential Fellowship presentaron durante a mañá deste mércores a primeira edición dun novo programa de bolsas que ofrece a titulados de grao, máster ou doutoramento en disciplinas técnicas —matemáticas, enxeñería informática…—a oportunidade de traballar durante 12-18 meses en start-ups de primeiro nivel de Silicon Valley e Nova York, epicentros do sector da innovación e a tecnoloxía.

Segundo explican os organizadores, trátase dun programa pioneiro en Galicia, tanto polo novo da súa formulación —conectar o talento galego con líderes mundiais en emprendemento tecnolóxico—, como pola carteira de start-ups que participan nel, a rede de mentores que o avalan ou a remuneración, que vai dende os 80.000 aos 150.000 euros brutos anuais.

Publicidade

Na presentación do programa participaron a directora da Fundación Barrié, Carmen Arias; Ignacio Moreno Pubul, presidente da asociación The Exponential Fellowship, bolseiro de posgraduado da Fundación e cofundador da start-up Capchase; e Domènec Melé Casas, vicepresidente da asociación.

Así mesmo, interviu David Bonilla, referente no sector tecnolóxico en España e colaborador de The Exponential Fellowship. David é creador de Manfred, unha das plataformas líderes en conectar talento técnico con start-ups de alto crecemento. Ademais, leva dende 2011 dirixíndose ao sector informático español a través da Bonilista e impulsando a conferencia TRG.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como se ve Galicia dende o ceo? Así era o territorio galego captado por helicópteros nos anos oitenta

A Fundación Barrié e o Ministerio de Defensa reuniron fotografías históricas nun volume de máis de 200 páxinas para amosar a riqueza paisaxística e urbana

Desfeita, foliada, loia, lume, retrinco e xenocidio optan a Palabra do Ano 2025

A iniciativa impulsada pola RAG e a Fundación Barrié inicia o seu período de votacións, que pechará o 21 de decembro ás 23:59 horas

Tres investigacións galegas premiadas pola súa contribución á ciencia internacional

Ademais dos galardóns principais o xurado tamén concedeu catro accésits a proxectos desenvoltos en Galicia

Descubrir o galego mentres xogas: esta é a nova aplicación para mellorar o teu léxico

A ferramenta da RAG e da Fundación Barrié pretende axudar a fixar palabras, dándolles aos falantes máis seguridade e naturalidade