O galego Nacho García Doval participa nunha revisión mundial sobre a psoríase

O dermatólogo Nacho García Doval, que traballa no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), é o único español que participou na colaboración internacional Cochrane sobre a psoríase. Esta revisión, que resume todos os artigos de mellor calidade sobre unha doenza para facilitar a elección dos tratamentos máis axeitados, reuniu a expertos de Francia, Italia ou Reino Unido.

“Cada unha das revisións supón un enorme traballo de busca e selección da información e síntese dos resultados”, explica García Doval no seu blog. Neste  caso, analizouse a información a través da técnica de metaanálise en rede, que “permite comparar múltiples tratamentos agrupando os datos de moitos estudos, ainda que non se fixeran estudos para comparar todos entre si”. No caso da psoriase, o dermatólogo galego e o resto de expertos analizaron datos de 109 investigacións e case 40.000 pacientes. A revisión, enfocada ás formas máis graves de psoríase, “será de gran utilidade para os dermatólogos”, explica Doval.

Publicidade

A revisión pode consultarse a través desta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Protección solar: nove dúbidas frecuentes resoltas por unha experta

A investigadora en Fotobioloxía Azahara Rodríguez Luna ofrece respostas aos mitos e confusións máis frecuentes sobre a exposición ao sol

Máis de 700 exemplares de mosquito tigre en Galicia en só dous anos: “A súa expansión é inevitable”

O insecto volve aparecer este ano en Vigo e Moaña pero o risco para a saúde pública aínda é baixo

A pastilla dunha planta prehistórica que pode protexernos do sol

Un composto derivado dun fento de Centroamérica pode protexer contra a radiación solar en pacientes especialmente vulnerables

Enfermidades autoinmunes: o noso corpo destrúese a si mesmo?

Investigacións recentes apuntan a que certas doenzas poderían ser consecuencias de factores ambientais daniños