Así son os mapas en 3D de densidade de poboación de Galicia

O xornalista Miguel Rodríguez decidiu facer os deseños a partir dos datos proporcionados polo Instituto Galego de Estatística (IGE)

Os mapas en 3D son unha ferramenta de visualización que ofrece unha información moito máis completa pola cantidade de datos que posúen, e tamén ofrecen unha lectura máis rápida e áxil que outro tipo de formatos. En Galicia faltaba por deseñar un sobre a densidade de poboación e foi o xornalista de datos Miguel Rodríguez quen se decidiu a facelo. Para iso empregou a información do Instituto Galego de Estatística (IGE) e por petición popular rematou por facer catro mapas. O xornalista sinala a importancia de que as administracións fagan públicos este tipo de datos para poder crear imaxes coma esta que permiten comprender mellor as características do noso país.

“Non vira que se fixeran moitos mapas de España deste estilo, moito menos para Galicia. Gústame moito a visualización de mapas e ocorréuseme facelo”, explica Miguel Rodríguez, que compartiu o seu traballo en Twitter. Lembrou que o IGE publicara unha división de celas dos habitantes por quilómetro cadrado e a partir de aí comezou a fedellar nos programas informáticos. O primeiro que difundiu foi o de Galicia, onde aparecen representadas as seis ciudades con maior densidade de poboación.

Publicidade

Mapa de densidade de poboación A Coruña-Ferrol. Fonte: Miguel Rodríguez

A maior densidade de poboación do país atópase nas áreas metropolitanas da Coruña e Ferrol. Nos mapas, os que semellan edificios equivalen ao número de habitantes por quilómetro cadrado. Co cal, canto máis altos, máis persoas habitan nesas zonas. Os datos que ofrece o IGE son do 2022 e apunta que en Galicia habitaban 2.690.464 persoas. Nos últimos dez anos, o país perdeu 91.000 habitantes. Coruña, a área á cabeza nesta lista, contou con 1.119.180 habitantes.

Mapa de densidade de poboación de Santiago. Fonte: Miguel Rodríguez.

“Na comarca de Santiago, chama a atención como as diferenzas entre cidade e periferia se suavizan. A capital non ten os picos de densidade doutras urbes galegas e algúns núcleos veciños (Milladoiro ou Bertamiráns, en Ames) están ao nivel de moitos barrios de Compostela”, comenta o xornalista nas súas redes.

Publicidade

Mapa de densidade de poboación das Rías Baixas. Fonte: Miguel Rodríguez.

Por petición popular, Miguel Rodríguez deseñou o mapa de densidade da poboación das Rías Baixas. Despois da Coruña, é a área con máis habitantes. O IGE indica que en 2022 na provincia de Pontevedra viviron 943.015 persoas. Séguenlle Lugo con 323.989 e Ourense con 304.280. Neste último mapa apréciase como Vigo e Pontevedra sobresaen con ampla diferencia en comparación coas cidades e municipios do arredor. O xornalista explica que esta maneira de compartir información é unha “maneira visual de entender o país“, e que hoxe en día o acceso a múltiples programas de deseño permiten realizar estes mapas tan visuais. E por suposto, as redes sociais axudan a que cheguen a todos os recunchos do mundo.

2 COMENTÁRIOS

  1. Isto non se entende moi ben. As veces parece que esta a falar de provincias, outras de áreas ou de cidades. As veces falamos de densidade de poboación e outras de densidade de poboación. Xusto no parágrafo que falamos de área metropolitana da Coruña introducimos, suponse, a poboación de toda a provincia (1.119.180 habitantes). É o mesmo?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía