Un estudo da UDC sobre intelixencia artificial, premiado pola Asociación de Empresas TIC

A investigación busca obter modelos de aprendizaxe automático máis sustentables e cunha maior protección dos datos

A secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, Carme Artigas, entregou o Premio I+D+i en IA da Asociación Multisectorial de Empresas de Tecnoloxías da Información, Comunicacións e Electrónica (AMETIC) ao investigador Óscar Fontenla Romero do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña.

Este premio, que se entregou na sexta edición do encontro AMETIC Artificial Intelligence Summit 2023 celebrada en Madrid, recoñece as mellores prácticas e resultados de Investigación, Desenvolvemento e Innovación no ámbito da Intelixencia Artificial co proxecto de investigación Machine Learning on the Edge desenvolvido na UDC e financiado pola Fundación BBVA.

Publicidade

Ademais de Óscar Fontenla como investigador principal participaron no proxecto Amparo Alonso Betanzos, Bertha Guijarro Berdiñas, Elena Hernández Pereira, Noelia Sánchez Maroño, Beatriz Pérez Sánchez, Verónica Bolón Canedo, Laura Morán Fernández e David Novoa Paradela do Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA) da UDC.

O proxecto Machine Learning on the Edge ten como obxectivo o deseño e desenvolvemento de novos métodos de aprendizaxe automático que poidan ser adestrados e operados nos dispositivos informáticos dispoñibles nos contornos de computación no borde (edge computing). Este tipo de contornos son cada vez máis comúns, especialmente no ámbito do Internet das Cousas (Internet of Things, IoT).

Publicidade

Este paradigma de aprendizaxe permite o desenvolvemento de novos modelos de intelixencia artificial que salvagarden a privacidade dos datos. Ademais, presentan outras vantaxes adicionais como unha menor latencia, o que os fai máis idóneos en contorno en tempo real, e un menor consumo de enerxía eléctrica para o adestramento do modelo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O centro galego Gradiant deseña un sistema de IA para verificar contidos audiovisuais e prever fraudes

A plataforma, destinada a empresas e medios de comunicación, recibe un premio internacional no eido da ciberseguridade

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

CellCOM, Centum e TraffikGene gañan os X Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Os galardóns, creados en 2015 para recoñecer a investigación universitaria e a transferencia, serán entregados o 4 de decembro no Pazo de San Roque de Santiago

Resucitar moléculas da Prehistoria contra as superbacterias: a nova fronteira dos antibióticos por IA

Os modelos xenerativos xa poden recuperar péptidos do ADN de especies desaparecidas e agora enfrontan o reto de converter os achados computacionais en medicamentos