Máis de douscentos profesionais, no Seminario de Loxística da UVigo

Máis de 200 profesionais de distintos sectores participaron este xoves na Escola de Enxeñería Industrial no XXIV Seminario de Loxística, unha cita organizada polo grupo GIO (Ingeniería de la Organización) que, un ano máis, serviu de punto de encontro para presentar as últimas tendencias relacionadas coa área loxística. A exposición das experiencias prácticas correu a cargo de prestixiosos profesionais de firmas como Grupo Coren, Telefónica ou Ikea A Coruña.

“A Organización Industrial e a Loxística é un dos piares da escola desde que nacemos”, subliñou durante a inauguración o director do centro, Juan Pou, que agradeceu aos asistentes, “moitos exalumnos e alumnas da escola” que deixasen por un día os seus quefaceres profesionais para volver ao centro no que se formaron. Nesta idea de “punto de encontro”, fixo tamén fincapé o catedrático José Carlos Prado, director do seminario, que recalcou a idea de que esta actividade concibiuse desde os seus inicios, “aló por 1988”, como xuntanza anual a nivel galego “dos que nos dedicamos a estas tarefas, comezos sendo pouco máis de trinta e hoxe somos xa máis de 200”.

Publicidade

O encargado de abrir o programa foi o galego Alberto Torrón, que desenvolve a súa actividade profesional na sede central de Telefónica en Madrid, quen adiantou na súa intervención algúns dos cambios que traerá consigo o denominado ‘internet das cousas’ en referencia a que en moi pouco tempo “todas as cousas que nos rodean serán, de feito xa o son, xeradoras de datos que serán recompilados, procesados e presentados da forma conveniente ao usuario final ou aos fabricantes e os enxeñeiros e enxeñeiras tendes que estar aí para ser quen de captar todas as oportunidades de negocio que xorden a raíz disto”.

Esta dixitalización da vida das persoas, “xa presente na actualidade e que cada vez vai ir a máis”, será, segundo expuxo o experto aos participantes, unha das maiores oportunidades da industria para os vindeiros anos. “O tratamento integral dos datos é a clave para xerar servizos máis eficientes e que acheguen máis valor ás persoas”, subliñou Torrón, que salpicou a súa intervención con diferentes cifras: o 73% dos organismos mundiais están investindo ou van investir en Big Data nos próximos dous anos; en 2018 unha de cada tres organizacións monitorizará a información…

Publicidade

Máis información no seguinte enlace:

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=11438&Itemid=43

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego demostra os efectos negativos do eucalipto nos ecosistemas fluviais

O estudo da UVigo constata que a diversidade de especies nos regatos diminúe naqueles lugares rodeados das árbores oriúndas de Australia

Ter un peso adecuado pode ser máis importante que facer exercicio para evitar o risco de cancro

Un estudo da UVigo apunta a que a actividade física sería insuficiente para contrarrestar os efectos negativos de ter sobrepeso ou obesidade

O investigador Jordi Borràs gaña o Premio atlanTTic á mellor tese de doutoramento

O experto da Universitat Politècnica de Catalunya propón un esquema innovador para reducir as interferencias nas comunicacións sen fíos

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía