Máis de 200 expertos unen ciencia e termalismo no Congreso Internacional da Auga

A auga termal constitúe hoxe en día un recurso estratéxico para o desenvolvemento turístico e económico non só da provincia de Ourense senón tamén de Galicia. Segundo os datos do goberno autonómico, os establecementos balnearios teñen un volume de negocio duns 60 millóns de euros e xeran 1.400 empregos directos. Co obxectivo de contribuír desde o eido académico e investigador a dar pulo e soporte ao futuro deste sector, este mércores e xoves celébrase en Expourense o I Congreso Internacional da Auga e o I Simposio Internacional de Termalismo e Calidade de Vida. A cita, organizada no marco das actividades do Campus da Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense, reúne a 200 congresistas de once países co obxectivo de visibilizar o seu traballo no eido da auga, intercambiar coñecementos e abrir novas vías de colaboración.
Máis información no seguinte enlace:

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

Por que as choivas previstas serán insuficientes para acabar coa seca en Galicia: “A situación xa é moi severa”

A secura prolongada fai que o solo perda a capacidade de absorber auga, o que provoca escorreduras ante episodios intensos de chuvia

Un mapa europeo alerta da seca extrema e sinala os puntos máis críticos en Galicia

Algunhas das zonas afectadas son Fisterra, Vigo, A Estrada, As Pontes e Valdeorras