Máis de 2.500 persoas pasaron polos obradoiros de verán do Campus do Mar

Máis de 2500 persoas pasaron polos obradoiros de verán do Campus do Mar

Un verán máis, o Campus do Mar volveu levar aos areais galegos o seu programa de divulgación científica co obxectivo de dar a coñecer os segredos dos océanos e as costas, amosar a súa biodiversidade e fomentar os comportamentos sustentables co medio mariño. Ao longo do mes de agosto o programa Mergúllate no Océano percorreu as praias de catro concellos das provincias de Pontevedra e A Coruña. Dende Campus do Mar estiman que a participación superou as 2500 persoas en total, principalmente público familiar.
O percorrido iniciouse na praia de Rodeira, en Cangas, para despois achegarse á Santa Cristina, en Oleiros, Baltar en Portonovo e rematar a pasada fin de semana en Samil. O obxectivo deste laboratorio itinerante de investigación en ciencias e tecnoloxías mariñas é que a cidadanía coñeza o mar en profundidade e para iso poñen á súa disposición sete obradoiros científicos a través dos que descubrir de onde procede o peixe que comemos habitualmente, como se orixinan as ondas do mar, o impacto que teñen as emisións de CO2 na acidificación dos océanos, a orixe da area nas praias ou saber algo máis da biodiversidade das costas galegas.
Podes ler máis desta nova no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Confirmada a presenza de larvas de mosquito tigre no concello de Mos

O municipio pontevedrés súmase aos de Moaña, Vigo, Redondela, O Porriño, Cangas, Vilaboa e Bueu, onde xa está introducida a especie

A Caniza, Cangas de Morrazo e O Riós: a Xunta e a RAG impulsan 2.500 cambios na toponimia galega

Durante o proceso tivéronse en conta cuestións como a ausencia do artigo, a zona dialectal e revisións xeográficas

Que é o karkubi, a droga da redada con médicos en Vigo e Cangas

A substancia elabórase mesturando haxix e clonazepan, o principio activo de fármacos que se receitan para problemas de sono

De Estados Unidos a Cangas: unha marca de nasa pasa 14 anos dando voltas no mar

O plástico, que se usou en 2010 para capturar lumbrigantes americanos en Maine, evidencia o impacto da 'basuraleza' nos ecosistemas mariños