O Club Español de Magnetismo premia ao catedrático José Rivas

O catedrático de Electromagnetismo da USC e académico da Real Academia Galega de Ciencias, José Rivas Rey, vén de ser galardoado coa sexta edición do Premio de Magnetismo Salvador Velayos, unha distinción a través da que o Club Español de Magnetismo recoñece as múltiples achegas e o destacado labor desenvolvido no campo do magnetismo por este científico natural de A Pontenova.

O xurado do Premio de Magnetismo Salvador Velayos, un tribunal constituído polos membros do Comité Científico do Club Español de Magnetismo, un órgano integrado polo socios de honra xunto co presidente e o secretario da entidade, fixo público o fallo da sexta edición deste galardón no marco da asemblea anual que vén de celebrar o referido club na Escola Politécnica de Enxeñaría de Xixón da Universidade de Oviedo.

Publicidade

O Premio Salvador Velayos é un prestixioso galardón que recoñece avances e achegas destacadas no ámbito do magnetismo realizadas por científicos e tecnólogos españois ou estranxeiros que estean a realizar o seu labor en España.

O investigador do grupo Magnetismo e Nanotecnoloxía  (Nanomag)da USC José Rivas Rey recollerá este galardón no marco da próxima asemblea anual do Club Español de Magnetismo, un foro que se desenvolverá na Universidade de Pamplona en novembro de 2019 e no marco da que o científico lugués ofrecerá unha lección maxistral.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un texto inédito de 1760 saca á luz o achado dun corpo saponificado en Noia: “Foi unha profunda conmoción”

O cura de Fruíme investigou o caso e negou a santidade do cadáver, ao que o pobo lle arrincara varias partes para usalas como reliquias

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos