Galicia copa os galardóns dos Premios Nacionais de Informática

O catedrático da USC Senén Barro, a empresa coruñesa Torusware, e os investigadores Adrián Pérez e Daniel Valcarce foron catro dos nove premiados

Catro dos nove galardóns dos Premios Nacionais de Informática, que outorgan a Sociedad Científica Informática de España (SCIE) e a Fundación BBVA, recaeron en investigadores e proxectos vinculados a Galicia. Senén Barro, a empresa Torusware, unha spin-off da Universidade da Coruña, e dous mozos investigadores egresados da Facultade de Informática da universidade coruñesa (Adrián Pérez e Daniel Valcarce), foron recoñecidos polo xurado.

Senén Barro foi recoñecido co Premio José García Santesmases “polas súas achegas de gran calidade na investigación en intelixencia artificial, así como na transferencia do coñecemento, áreas nas que non só posúe un brillante currículo investigador, senón que tamén foi fundador dun grupo de investigación de referencia e de startups tecnolóxicas”. O xurado destacou tamén as súas contribucións á promoción do emprendemento innovador e á divulgación científica son recoñecidas internacionalmente. Foi tamén un promotor moi activo dos estudos da Informática desde os diferentes cargos relevantes que ostentou.

Publicidade

No eido empresarial, a empresa herculina Torusware (Torus Software Solutions, S. L), obtivo o Premio Ramón Llull pola súa actividade no ámbito da computación de altas prestacións e a súa aplicación ao procesamento de grandes volumes de datos, o seu dinamismo e aposta polo I+D+i, e polo seu impacto nacional e internacional. A empresa foi fundada en 2013 como spin-off do Grupo de Arquitectura de Computadores da Universidade da Coruña.

O outro premio nacional, o Aritmel, recaeu en Ignacio Martín Llorente, catedrático de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores na Universidade Complutense de Madrid. O Premio Ángeles Ruiz Robles quedou deserto.

Publicidade

Novos investigadores

Na categoría de novos investigadores, que outorga seis galardóns, dous deles recaeron tamén en informáticos formados na facultade coruñesa. Adrián Pérez Diéguez, que actualmente traballa como Digital Marketing Data Head en Zara.com (Inditex), foi premiado “polas súas achegas á computación de altas prestacións (HPC) que permiten procesar grandes volumes de datos (Big Data) mediante a adaptación de algoritmos para a súa execución en arquitecturas heteroxéneas”. E Daniel Valcarce Silva, enxeñeiro de software na sede de Google en Zurich (Suíza), foi recoñecido “polas súas achegas no campo da recuperación de información e os sistemas de recomendación, que se reflicten nas súas publicacións de primeiro nivel, e que lle levaron a formar parte dun equipo internacional que traballa na mellora de asistentes persoais utilizando técnicas de linguaxe natural e aprendizaxe automática”.

Nesta categoría tamén foron premiados Silvina Caíno-Lores, investigadora postdoutoral asociada no departamento de Enxeñería Eléctrica e Informática da Universidade de Tennessee-Knoxville (Estados Unidos), Antonio Manuel Durán Rosal, profesor adxunto no departamento de Métodos Cuantitativos da Universidade Loyola en Córdoba, Jordi Pons Puig, Senior Research Scientist en Dolby Laboratories, e Mikel Sesma Sara, profesor axudante doutor de Ciencia da Computación e Enxeñería Artificial na Universidade Pública de Navarra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro