Ferrol acolle o XIII Congreso Galego de Estatística

O Campus de Ferrol acolle desde hoxe e ata o sábado o XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, organizado polo departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña a petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO).

É a segunda ocasión en que este congreso se celebra en Ferrol, logo dunha edición en 2001, e o obxectivo, como nas anteriores edicións, segue a ser contribuír á divulgación dos avances na teoría, nas aplicacións e na didáctica da Estatística e a Investigación de Operacións.

Publicidade

Esta mañá foi inaugurado o congreso pola vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, a presidenta de SGAPEIO, Esther López Vizcaíno, e o presidente do comité organizador e vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC, Salvador Naya. Ao congreso asisten 110 especialistas de diferentes países; ademais de España, acuden estes días a Ferrol expertos procedentes de Portugal, Ecuador ou República Dominicana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Atopados os restos óseos de tres individuos na foxa común de Serantes 

A cata arqueolóxica coordinada por Histagra confirma a presenza dun enterramento irregular que podería acoller preto de 200 vítimas da violencia golpista

Achada no Castro de Esemelle unha peza dun colar con posible orixe na illa grega de Rodas

A escavación, impulsada pola UDC e o Concello de Ferrol, tamén sacou á luz fragmentos dunha vaixela con decoración sogueada, moi característica da cultura castrexa

Estatística a punta de balón: así calcula un investigador galego a probabilidade de vitoria no Mundial

A análise sinala que España tiña un 90% de posibilidades de vencer contra Arabia Saudita, e un 85% contra Cabo Verde

Gañarás O Gordo? Un estatístico galego explica por que é tan difícil que che toque a lotería

O profesor Manuel Febrero sinala que o primeiro premio ten só un 0,001% de posibilidades de tocar, sen patróns que poidan aumentar a probabilidade