Xa podes votar a palabra galega do ano entre as 6 finalistas

'Narcosubmarino" cóase entre os termos aspirantes a ser o máis salientable do 2019 no certame que organiza a RAG

Todas estas palabras están pegadas á realidade. Non é difícil que as teñamos pronunciado ou escoitado ao longo do ano que agora vai rematar. E o Portal das Palabras convídanos a elixir cal delas vai ser proclamada ‘A palabra do ano’.

Ecocidio, feminicidio, narcosubmarino, negociación, quecemento global e sentidiño son os seis termos finalistas que aspiran a se converter na Palabra do Ano 2019 tras a recollida das novas propostas.

Publicidade

“Aínda queda o paso máis importante!”, din dende a Real Academia Galega: “Xa podedes votar pola voz que ao voso xuízo mellor resuma o ano a piques de rematar, ou que saliente un tema de especial relevancia nos últimos doce meses”.

Se queres votar entre as seis finalistas só tes que visitar esta ligazón da RAG

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

Como revivir a lingua

Estas son as estratexias das marcas para recuperar o galego, dende o derbi galego ata Inditex. Por Andrea Veiga

O novo acordo lingüístico permitirá impartir Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química en galego

Os centros educativos poderán decidir a repartición das materias na ESO, respectando o equilibrio do 50% entre os dous idiomas

Celta vs. Deportivo: dúas formas de reivindicar a lingua galega dende o fútbol

As estratexias de comunicación de ambos clubes buscan reforzar o vínculo coa afección e coa cultura do territorio a través do idioma