Un río atmosférico porá fin a un outubro seco e estable en Galicia

Actívase o aviso amarelo nos vindeiros días pola entrada dunha borrasca que deixará importantes precipitacións no oeste da península ibérica

Non serán precipitacións tan intensas como avanzaban os primeiros modelos, a varios días vista. Pero si é certo que a fin de semana alongada polo festivo do 1 de novembro estará pasada por auga en Galicia. MeteoGalicia xa activou os avisos de nivel amarelo por choiva e vento no oeste do territorio por mor dun río atmosférico, un fenómeno habitual que xera unha “autoestrada” cargada de humidade e auga precipitable conectando o Caribe e Galicia.

“É un fenómeno relativamente habitual, e desta vez semella que, finalmente, vai afectar máis ao norte de Portugal. Os modelos a 10 días falaban de que ía haber unha cantidade de auga moi importante, pero finalmente non será tan intenso. Con todo, si que se activou o aviso amarelo”, explica María Souto, de MeteoGalicia. Souto apunta que o salientable é que “este río atmosférico vai poñer fin a un outubro seco e estable, mais a realidade é que esta situación de precipitacións non deixa de ser a habitual desta época do ano”. Engade ademais que os episodios máis intensos produciranse durante a noite, tanto deste xoves ao venres como de venres a sábado e sábado a domingo.

Publicidade

Pola súa parte, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) difundiu unha nota informativa este xoves na que fala de “precipitacións xeralizadas na Península e Baleares”. Distingue a AEMET unha fronte fría moi activa que chegará ese venres a Galicia, con precipitacións “fortes e persistentes”. Posteriormente, o sábado e o domingo seguirá a chuvia. “É probable que se acumulen máis de 100-150 litros/metro cúbico ao longo de todo o episodio nalgúns puntos, sobre todo en zonas montañosas”, advirte a axencia.

Pola súa parte, o Instituto Português do Mar e da Atmosfera (IPMA) eleva o aviso ao nivel laranxa por fortes precipitacións na noite do venres ao sábado.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro