Novo máximo de mortes en España por coronavirus en 24 horas. O Ministerio de Sanidade anunciou este xoves que 950 persoas morreron con coronavirus nas últimas 24 horas e xa son 10.003 as vítimas desde o inicio da crise sanitaria. Hai 110.238 persoas contaxiadas, despois de confirmarse outros 8.102 positivos. Un total de 54.113 persoas foron hospitalizadas e 26.743 recibiron o alta.
Máis de 937.000 persoas no mundo contaxiáronse e máis de 47.000 morreron a causa do coronavirus, segundo un reconto da Universidade Johns Hopkins.
Ante o avance da pandemia, a Organización Mundial da Saúde sinala a necesidade urxente de detectar os casos asintomáticos, responsables da maioría dos contagios, para frear o avance do virus.
Coronavirus en Galicia: 115 mortes, 259 altas e 4.058 casos activos
A pandemia avanza con forza nos Estados Unidos, que sufriu o mércores o peor día de mortes por coronavirus desde o comezo da pandemia: máis de mil mortes reportadas en 24 horas.
Tamén foi o peor día en número de mortes por coronavirus de calquera país do mundo ata o día de hoxe. No peor día en Italia morreron 919 persoas. No peor día en España, rexistrado hoxe, o total de mortes foi de 950.
Polo menos 5.102 persoas morreron por COVID-19 nos Estados Unidos desde o inicio da pandemia, e hai máis de 215.000 casos de coronavirus confirmados no país.

Aquí podes consultar o último informe do Ministerio de Sanidade














