As mortes por coronavirus volven repuntar. España rexistrou 757 novos mortos con coronavirus en 24 horas. O total de decesos sobe a 14.555, hai 146.690 contaxiados e 48.021 curados.
A cifra de contaxios tamén se eleva e alcanza os 146.690. O crecemento de falecidos está nun 5% desde o domingo.
Polo menos 15 de cada 16 afectados polo coronavirus en España —máis do 90%— non está rexistrado, segundo as estimacións do propio Ministerio de Sanidade, que vai efectuar unha campaña masiva de probas para ter unha imaxe máis realista da incidencia da Covid-19 fóra dos hospitais coa que combater a epidemia.
A maioría dos expertos coinciden en que o número de contaxiados en España está moi por riba das cifras oficiais e mesmo algúns estudos suxiren que poden ser millóns. A mostraxe epidemiolóxica a 62.400 persoas —unhas 30.000 familias— comezará a semana que vén e durará tres semanas, segundo explicou onte o ministro de Sanidade, Salvador Illa.

O foco da pandemia esta agora sobre todo nos Estados Unidos, que rexistrou 1.939 mortes por coronavirus, o maior número de falecementos nun só día en todo o mundo. O gobernador do estado de Nova York reportou 731 mortos nun día.
Francia superou onte a barreira dos 10.000 mortos por coronavirus. Segundo as cifras oficiais, nas últimas 24 horas contabilizáronse 1.427 novos falecementos, a maior cifra en Europa nun só día. Italia rexistrou onte 3.039 contagios, a menor cifra diaria desde o 13 de marzo. En total, hai 135.547 infectados. Desde onte faleceron 636 persoas, co que a cifra total de decesos é de 17.127.
Máis de 1,4 millóns de persoas contaxiáronse no mundo, 82.100 morreron e unhas 301.400 curáronse, segundo datos da Universidade Johns Hopkins.
Hans Kluge, director rexional para Europa da OMS manifestou na mañá deste mércores: “Por unha banda temos razóns para ser optimistas, pero polo outro hai razóns para seguir preocupados. En Europa, 687.000 persoas contaxiáronse e 52.000 morreron ata o momento”.
Menos do 20% dos pacientes de Covid-19 en Galicia están nos hospitais
En Latinoamérica o coronavirus avanza tamén con forza. O Goberno arxentino confirmou hoxe seis novas mortes por Covid-19 e son xa 60 as vítimas fatais no país desde o pasado 7 de marzo. Todos os falecidos son homes, con idades comprendidas entre os 44 e os 82 anos. O número de positivos no país suramericano ha ascendido a 1.715, tras os 87 novos positivos rexistrados nas últimas horas.
México rexistrou o martes 2.785 casos positivos e 141 mortes por coronavirus. Un 27% do total dos contaxiados debeu ser hospitalizado, segundo reportaron as autoridades sanitarias mexicanas.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade














