Marisol Soengas, no ciclo ‘Ciencia en Feminino’

A investigadora participa no primeiro dos actos de celebración do 8M, organizados por GCiencia e a Deputación de Pontevedra

Marisol Soengas, directora do grupo de Melanoma no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), abriu este xoves o ciclo Ciencia en Feminino, unha serie de charlas-coloquio e mesas redondas en streaming aberto organizado por GCiencia e a Deputación de Pontevedra. O acto, conducido pola xornalista de TVG Teresa Cuíñas, contou coa participación da presidenta da institución provincial, Carmela Silva, e púidose seguir en directo por GCiencia e as súas redes sociais, así como no Twitter da Deputación.

Ciencia en Feminino é un proxecto encaminado a visibilizar o papel da muller na ciencia. A pandemia da Covid-19 agravou, como noutros sectores da sociedade, a complicada situación que se manifesta en clave de xénero na investigación. A fenda de coidados, o efecto tesoira nas escalas máis altas da carreira científica e a precariedade e temporalidade crónicas do sector están a dificultar a situación das científicas. Traballos publicados nalgunhas das máis relevantes revistas científicas constatan a existencia dun nesgo de xénero que atribúe ás mulleres un 20% menos de posibilidades de obter un proxecto ou unha praza de investigación en igualdade de condicións.

Publicidade

Políticas de visibilidade

Tras a charla-coloquio deste xoves, o 11 de marzo, á mesma hora, unha mesa redonda abordará as Políticas de visibilidade das referentes científicas. A cita, conducida pola xornalista Begoña Márquez, contará coa participación de Ana Jesús López Díaz, presidenta do nodo en Galicia da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT-gal), Amparo Alonso, enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial e premio María Wonenburger 2020, Águeda Gómez, responsable de Igualdade da UVigo, e Carmela Silva, presidenta da Deputación provincial de Pontevedra .

O seguinte xoves, 18 de marzo, ás 20 horas, será a quenda da entrevista-coloquio con Zulema Altamirano, directora da Unidade de Muller e Ciencia do Ministerio de Ciencia. Conversará con Susana Pedreira, xornalista de Onda Cero.

Publicidade

Unha carreira científica en desigualdade

O ciclo Ciencia en Feminino pecharase o 25 de marzo ás 19 horas coa mesa redonda, Unha carreira científica en desigualdade, conducida tamén por Begoña Márquez. Participarán María de la Fuente, directora da Unidade de Nanooncoloxía do Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago; María Mayán, coordinadora do grupo de investigación CellCOM do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (Inibic); e Sara Varela, bióloga con contrato Starting Grant do Consello Europeo de Investigación, e Carmela Silva, presidenta da Deputación provincial de Pontevedra.

Todas as actividades se desenvolverán de forma telemática e aberta, sen necesidade de inscrición previa, e poderán seguirse en directo a través de gciencia.gal e as súas plataformas de Facebook e Youtube, así como no Twitter da Deputación. Os encontros estarán tamén abertos ás preguntas formuladas polo público.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación

A escavación no convento de Santa Clara saca á luz un cerebro ben conservado, un achado único na península

O equipo detrás do descubrimento asegura que só hai tres casos máis no mundo en Arxentina, Chile e Italia de características semellantes

O Castelo de Soutomaior convértese no escenario dun videoxogo para descubrir o seu patrimonio medieval

A Deputación de Pontevedra lanza ‘O Códice da Liberdade’, que combina investigación e realidade aumentada para achegar a historia ás novas xeracións

Pontevedra prepárase para a eclipse de agosto cunha rede de observación integrada por 42 concellos

O proxecto ‘Baixo o Ceo das Rías Baixas’ impulsa o astroturismo e promove espazos organizados para seguir o fenómeno astronómico do ano