A Xunta mantén maiores limitacións en 40 concellos a partir do venres

Cambados, Vilanova de Arousa, Cualedro e Laza estarán con peche perimetral. 10 municipios en nivel alto e 26 en nivel medio

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19 acordou este martes o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Cambados, Vilanova de Arousa, Cualedro e Laza. O territorio destes municipios quedará, por tanto, baixo peche perimetral agás causa xustificada, prohibiranse as reunións con persoas non conviventes e manterase pechada a hostalaría.

Noutros 10 municipios rexerá o nivel alto. Así, na Merca, A Pastoriza, Marín, Gondomar, Salceda de Caselas, Padrón, Mesía, Ribeira, Coristanco e A Laracha. A hostalaría aquí estará pechada no interior, e cunha capacidade máxima do 50% no exterior.

Publicidade

No nivel medio ficarán 26 concellos: Carballeda de Valdeorras, Verea, Muíños, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Toén, Chantada, Meira, Cerdedo-Cotobade, Vilagarcía de Arousa, Soutomaior, Fornelos de Montes, Cangas, O Porriño, Tui, Vigo, Nigrán, Lalín, Silleda, Noia, Melide, Ordes, Carballo, Betanzos e Cambre

No resto dos concellos galegos, 273, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Publicidade

As medidas entrarán en vigor na medianoite do xoves 6 ao venres 7. Está previsto que o xoves ou o venres a Xunta informe das medidas de prevención contra a Covid-19 unha vez que finalice, o vindeiro domingo, o estado de alarma en todo o territorio estatal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Máis de 50.000 galegos participaron nun ensaio para avaliar a vacina contra o virus sincitial

Sanidade analizará os datos achegados durante a campaña Sincigal para medir a súa efectividade na redución de hospitaliacións

Os casos de mpox en Galicia aumentan ata as 12 infeccións

Os afectados son homes cunha idade de entre 35 e 65 anos, coa maioría dos contaxios na provincia da Coruña

As claves do novo gromo de mpox detectado en Galicia: “Todos nos podemos infectar”

O virus transmítese principalmente por contacto estreito entre peles ou mucosas, sobre todo de carácter sexual, e causa lesións na pel