Galicia baixa dos 1.000 casos activos de Covid-19 dous meses despois

A alta de 94 persoas, a pesar da confirmación de 10 novos casos, sitúa o número de casos activos en 990, cifra menor cá do 23 de marzo

Por primeira vez desde o 22 de marzo, Galicia rexistra este xoves menos de 1.000 casos activos de Covid-19, segundo a información facilitada pola Consellería de Sanidade. A pesar de que se informou de 10 novos positivos en probas PCR, a alta de 94 persoas provocou que as cifras baixen do millar. En España, á espera de confirmar os datos de Cataluña, a cifra de falecidos (48) é a menor desde a declaración do estado de alarma.

Casos activos

Segundo a última información de Sanidade, dos casos activos 252 están na área da Coruña-Cee, 63 na de Lugo-A Mariña-Monforte, 160 na de Ourense-Verín-O Barco, 50 na de Pontevedra-Salnés, 273 na área de Vigo, 161 na de Santiago-Barbanza e 31 na de Ferrol. Así está a situación:

Publicidade

En canto á situación nos hospitais, actualmente hai 13 persoas na UCI e 72 noutras unidades, (85 en total). Nas últimas horas rexistráronse catro ingresos nos hospitais, aínda que as altas concedidas fan baixar os niveis de hospitalización un día máis. O resto das persoas que estaban consideradas casos activos na noite do domingo, 905 (un 91,41% do total), están no domicilio. Así evolucionou a situación nos hospitais:

E así se amosa a evolución do total de casos detectados:

Publicidade

Destes casos activos, 210 están vinculados a residencias de maiores e centros de discapacidade (115 usuarios e 95 profesionais). Son o 21,21% os afectados por Covid-19 en Galicia. No referido aos falecementos, a cifra de óbitos por Covid-19 sobe a 608, dos que 271 foron usuarios de residencias de maiores.

Probas diagnósticas

En canto ás probas realizadas, Sanidade informou de que se levan feitas 130.44 PCR, 1.568 máis có mércores. A mínima cifra de positivos respecto ao total de probas realizadas é outro dos sinais optimistas sobre a evolución da pandemia, polo menos a curto prazo. Este xoves (día no que se recollen os datos do mércores), 10 persoas foron diagnosticadas a través desta técnica, a máis ‘fiable’ para confirmar a infección. A elas hai que sumar outros 12 positivos por por tests de anticorpos có martes segundo Sanidad. Porén, estas infeccións non se corresponden necesariamente con casos novos, xa que a serie estase actualizando diariamente tendo en conta diversos detalles sobre cada un dos positivos confirmados. É dicir, os positivos de anticorpos poden corresponderse con persoas que estean curadas desde hai tempo pero agora se coñeza a súa infección debido á realización do test.

Desde o comezo da crise, diagnosticáronse en Galicia 11.103 positivos por Covid-19. Deles, 9.077 detectáronse mediante PCR e 2.036 por tests de anticorpos. Con todo, estes números sempre se corresponden co cumio da pirámide de persoas afectadas, é dicir, óbvianse aquelas persoas que puideron ter pasada a infección pero non lles foi realizada unha análise para confirmalo. Neste sentido cobran relevancia os resultados preliminares dos estudos de seroprevalencia da Xunta e o Goberno español, que sitúan entre 30.000 e 60.000 os galegos infectados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves

A covid pode provocar placas semellantes ás do alzhéimer nos ollos

Os estudos relacionan a néboa mental tras o coronavirus e a acumulación de beta amiloides no sistema nervioso central

Madrid, Portugal e EEUU: esta é a procedencia das distintas variantes da covid en Galicia

O grupo de Filoxenómica do CINBIO, pertencente ao consorcio EPICOVIGAL, amosa nun artigo científico a orixe e introdución de alfa, delta e ómicron na comunidade galega

Gripe aviaria, mpox, chikungunya… Cal será a próxima pandemia?

O epidemiológo Juan Gestal analiza as posibles ameazas para a saúde pública cinco anos despois do estoupido da covid