Baixan os casos activos de coronavirus en Galicia a 869

Unha nova morte nas últimas 24 horas eleva o número de falecementos a 613 dende o inicio da pandemia

A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 869, deles 215 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 124 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 261 da área de Vigo, 147 da de Santiago, e 27 da de Ferrol.

A cifra supón un novo descenso do número de pacientes activos, que son 15 menos que a xornada anterior, cando había 884.

Publicidade

Do total de pacientes positivos, 12 permanecen en UCI, 61 están en unidades de hospitalización e 796 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.716 persoas curadas.

Evolución de positivos por PCR (verde escuro) en Galicia. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Nas últimas 24 horas houbo un novo falecemento polo que a cifra global da pandemia en Galicia se eleva ata aos 613 mortes.

Publicidade

O número de PCR realizadas foi de 134.690 ata esta data.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro