A Xunta prohibe fumar en espazos públicos en toda Galicia

A Sociedade Española de Epidemioloxía xa pediu esta prohibición, mentres que a OMS di que non hai estudos cientíificos do tema

Fumar na rúa ou en lugares públicos estará prohibido en Galicia desde este xoves, sempre que non se poida garantir a distancia de seguridade. A Xunta de Galicia toma esta decisión, anunciada polo presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, tras reunirse co comité clínico de expertos que estuda a evolución da epidemia na comunidade.

“Varios membros do comité clínico coinciden en que fumar sen ningunha limitación nunha terraza ou na rúa sen distancia física conleva un risco alto de contaminación e de infección”, explicou o presidente da Xunta. A norma entra en vigor este xoves e afectará a toda Galicia.

Publicidade

Xa o pasado 23 de xullo, a Sociedade Española de Epidemioloxía ( SEE) reclamou que todas as terrazas de bares e restaurantes, praias, espectáculos ao aire libre e coches particulares pasasen a ser espazos sen fume, asegurando que o consumo de tabaco incrementa a posibilidade de contaxio do coronavirus.

Nun comunicado, o Grupo de Traballo de Tabaquismo da Sociedade Española de Epidemiología ( SEE) propuxo ampliar os espazos libres de fume para protexer á poboación do fume do tabaco, advertindo de que o consumo de tabaco en espazos exteriores pon en risco tanto a fumadores como a non fumadores de infectarse da Covid-19.

Publicidade

O tabaco semella agravar os síntomas da Covid-19 pero faltan estudos sobre a súa transmisión

Estas aseveracións contrastan cos informes da Organización Mundial da Saúde, que asegura que non existen evidencias científicas de que o fume do tabaco incremente a transmisión do coronavirus. Si aseguran que o tabaquismo pode agravar a doenza e incrementar o risco de morte entre os infectados.

Así conclúe nun informe técnico no que se analizaron ata 34 estudos realizados ata a data sobre o consumo de tabaco e o novo coronavirus, dos cales 26 eran observacionales e oito metaanálises, aínda que en ningún se analizou o risco de infección ou de hospitalización dos pacientes fumadores. As recomendacións da OMS van por non compartir cigarrillos convencionais nin electrónicos e sobre o risco de levar as mans á boca cando se fuma. Pero non alerta sobre a transmisión do coronavirus, xa que non existen estudos sobre este tema.

En calquera caso, a OMS lembra que deixar de fumar é unha necesidade de saúde pública e persoal, e recomenda abandonar o tabaco porque produce efectos positivos inmediatos.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua