A Xunta apraza a 2022 as oposicións a 1.604 prazas en educación

Este 2021 celebraranse as probas aprazadas do ano 2020 en educación e o presidente Feijoo cosidera 'técnicamente imposible' amplialas esta convocatoria

A Xunta de Galicia convocará 1.604 novas prazas en educación dentro da súa Oferta de Emprego Público, pero adiará ata o ano 2022 estas probas porque no vindeiro mes de xuño de 2021 aínda se teñen que celebrar as oposicións aprazadas correspondentes ao ano 2020, e que foron canceladas pola pandemia do coronavirus.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a activación este ano de distintas Ofertas de Emprego Público para ofertar máis de 4.300 prazas, das que 1.215 serán do eido sanitario, 1.491 pertencerán á Administración xeral e 1.604 á educación.

Publicidade

Máis polo miúdo, Feijóo detallou que, no eido sanitario, aprobouse o decreto de convocatoria que volverá a esgotar a taxa máxima de reposición autorizada polo Estado (110%). “Gustaríanos sacar mais prazas, pero sacamos as que estamos habilitados para sacar”, incidiu.

Do total de 1.215 prazas do eido sanitario, 1.203 corresponden a persoal estatutario do Sergas: 65 son de persoal licenciado sanitario, das que 60 son de médico de familia; 686 atinxen a persoal sanitario diplomado, das que 604 son de enfermaría; e 452 serán para persoal de xestión e servizos. Reservaranse tamén dese total de prazas, puntualizou, 61 prazas para persoas con discapacidade física e 25 para persoas con discapacidade intelectual. As restantes 12 prazas corresponden á OPE de persoal sanitario funcionario.

Publicidade

A Xunta considera que, desde o ano 2012, ofertaron 8.112 prazas no ámbito do Servizo Galego de Saúde, “todas as que legalmente nos deixan”, dixo Feijoo na rolda de prensa do Consello.

Por outra banda, no ámbito da Administración xeral, o decreto de convocatoria de OPE, ascende a 1.491 prazas. Delas, 1.006 son de libre acceso, ás que poderá acceder pola vía do concurso-oposición calquera persoa que cumpra os requisitos, e dentro destas, 155 son para o Consorcio Galego de Benestar. Ademais, hai 322 prazas para os procesos de promoción interna dos empregados públicos.

Educación será un caso singular, porque finalmente a Xunta de Galicia non opta por incrementar o número de prazas ofertadas para esta convocatoria do vindeiro mes de xuño de 2021, que é a aprazada no 2020. O decreto da OPE aprobarase nos vindeiros consellos cunha convocatoria e prevé incluír 1.604 prazas. Estas probas, explicou, realizaranse no ano 2022, posto que este ano terán lugar as aprazadas pola pandemia. “É tecnicamente inviable facer compatibles ambas as convocatorias por cuestións organizativas dos tribunais”, dixo Feijoo, polo que estas novas 1.604 prazas en educación se resolverán no 2022.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Galicia será pioneira en reforzar a vacina contra a meninxite aos 12 anos a partir de maio

Sanidade incorporará ao calendario vacinal unha dose adicional na adolescencia para reducir contaxios e avanzar na erradicación da enfermidade

Máis de 2.500 sinaturas esixen á Xunta que declare o salmón “en perigo de extinción”

Cinco entidades ecoloxistas reclaman que a administración galega "asuma a súa responsabilidade" e protexa a especie

Galicia introduce unha vacina de reforzo contra a meninxite B aos 12 anos

O Sergas aplicará unha dose única aos nenos con pauta completa e dúas aos que non a teñan, aínda sen definir a data de inicio da medida