A primeira neve do outono chega a Galicia e actívase a alerta laranxa

A baixada de temperaturas e as precipitacións da borrasca Alex provocan que caian folerpas na serra dos Ancares, o Macizo Ourensán e Trevinca

A borrasca Alex deixou a 2 de outubro as primeiras imaxes de neve deste outono en Galicia. A baixada das temperaturas (as estacións na Veiga, Carballeda de Valdeorras, Manzaneda ou Cervantes caeron por baixo dos 0ºC durante a mañá do venres) e as abundantes precipitacións asociadas á borrasca provocaron que se tinguira de blanco a paisaxe. Así o amosou MeteoGalicia mediante a cámara instalada na estación dos Ancares, preto do albergue de montaña, a uns 1.364 metros de altitude.

https://twitter.com/MeteoGalicia/status/1311997772418240513

Publicidade

A neve tamén chegou á montaña de Trevinca e Valdeorras, onde se chegou a cortar a OU-122 á altura de Sobradelo, en Carballeda, preto do límite con Castilla y León.

Alerta laranxa

Ademais da neve, as precipitacións e o vento están sendo moi abundantes, superando os 50 litros por metro cadrado en Ortigueira, Abadín, Vilariño de Conso ou Cervantes, e con refachos de máis de 135 km/h na serra do Xistral, en Muras.

Publicidade

A situación levou á Dirección Xeral de Emerxencias a decretar a alerta laranxa en todo o litoral galego por mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual

Activada a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra durante o venres

A Xunta acende o aviso laranxa por altas temperaturas no noroeste da Coruña e na montaña de Ourense e o amarelo na montaña de Lugo e en Valdeorras

Nubosidade no norte, risco de incendios no sur e calor: esta é a previsión para o día da eclipse total en Galicia

A Aemet alerta de cúmulos baixos no litoral, mentres o interior estará marcado por alertas amarelas e laranxas polas temperaturas máximas elevadas

Haberá nubes durante a eclipse? A ferramenta definitiva para decidir onde ver o fenómeno en Galicia

A actualización dos modelos apunta a ceos cubertos no litoral e no norte, con diferenzas segundo a localidade e a evolución atmosférica do mércores