Estudan como minimizar o impacto dos fármacos nas augas residuais

Os compostos farmacéuticos e de coidado persoal son microcontaminantes orgánicos que están a gañar cada vez  maior atención debido á súa liberación continua ao medio ambiente nos efluentes de estacións depuradoras de augas residuais (EDAR).

Diante desta situación, o enxeñeiro químico Eduardo Fernández Fontaíña estudou na súa tese de doutoramento o comportamento destes microcontaminantes orgánicos emerxentes nos reactores de lamas activas, centrándose principalmente nos mecanismos de biotransformación e a forma na que están influenciados polos diferentes parámetros operacionais.

Publicidade

Os resultados da investigación doutoral, que recibiu a mención Internacional e a cualificación de Sobresaliente cum laude, proporcionan novos coñecementos sobre os diferentes mecanismos e parámetros involucrados na eliminación de microcontaminantes orgánicos emerxentes nas EDAR, e permiten  aportar solucións tecnolóxicas coa fin de minimizar o seu impacto no medio ambiente.

A comisión avaliadora da tese ‘Removal mechanisms of organic micropollutants in activated sludge reactors’ que dirixiron os Profesores Marta Carballa Arcos e Juan M. Lema Rodicio, do Departamento de Enxeñaría Química, estivo formada por Philippe Corvini, da Universidade de Ciencias Aplicadas de Suíza; Amadeo Rodríguez, da Universidade de Almería; Alette Langenhoff, da Universidade Wageningen de Holanda; Ignasi Rodríguez Roda, da Universidade de Girona, e Sonia Suárez, da USC.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Ministerio de Sanidade conclúe que non hai evidencia científica que avale a homeopatía

O Ministerio publica un informe que analiza 64 estudos sobre a homeopatía e conclúe que non hai evidencia da súa eficacia en tratamentos para a saúde

Hai desigualdades no acceso a fármacos contra a obesidade?

A semaglutida ten propiedades que axudan ás persoas a perder peso ou controlar a diabetes, pero non todas poden permitirse este medicamento debido ao seu elevado custo

Un novo método galego para mellorar o tratamento de augas residuais

Un equipo de investigación da Universidade de Santiago propón novas solucións para mellorar os efluentes das estacións depuradoras e recuperar recursos valiosos como nutrientes e enerxía

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos