'Escépticos en el pub' abre unha nova tempada en Santiago cunha charla sobre vacinas

‘Escépticos en el pub’ abre unha nova tempada cunha charla do médico Vicente Baos, un dos principais impulsores da campaña #NoSinEvidencia, que nos falará de como analizar críticamente as vacinas e da súa importancia capital na prevención das enfermidades infecciosas. Baos é médico de familia no Centro de Saúde de Collado Villalba (Madrid). É membro da rede de expertos da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios e da European Medicines Agency. Na rede edita o blogue El Supositorio e é membro do Círculo Escéptico.
‘Escépticos en el pub‘ é unha actividade que segue a tradición dos ‘clubes de escépticos’, nos que científicos e público en xeral reúnense en locais para escoitar charlas de expertos sobre asuntos de ciencia e actualidade, moitas veces relacionados coa polémica. En Santiago van celebrarse o derradeiro venres de cada mes no local ‘Airas Nunes‘ (rúa do Vilar, 17), ás 21.00 horas e con entrada libre.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Entre a volta ás aulas e o descenso da vacinación en Europa: cales son as vacinas necesarias na infancia?

O calendario infantil marca que os bebés recibirán a maior parte das súas doses durante o seu primeiro ano de vida

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Unha carta do presidente de Apatrigal reclama unha alternativa ás tubaxes das gárgolas do Obradoiro

Carlos Fernández Coto defende solucións técnicas máis integradas, ao considerar que “non pode xustificarse como única nin como inevitable”

A camelia consolídase como emblema galego nunha nova mostra en Santiago

O evento levarase a cabo entre o 2 e 4 de abril con acceso libre, ofrecendo máis de 200 variedades da flor e instalacións audiovisuais