O centro de investigación de enxeñaría civil CITEEC da Coruña recibirá melloras por 1,7 millóns

A Consellería de Educación investirá 1,7 millóns de euros no 2016 no remate das obras de acondicionamento do CITEEC e para a súa ampliación, co fin de que este espazo acade os seus maiores niveis de desenvolvemento. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, que visitou este centro, dependente da Universidade da Coruña (UDC), anuncióu que esta nova partida súmase aos 900.000 euros que se destinaron o pasado ano.

O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil(CITEEC), creouse no ano 2000 co obxectivo de mellorar a investigación e o estudo no eido da construción, na súa vertente de edificación e de enxeñaría civil. Na actualidade o centro divide a súa actividade en 5 áreas, nomeadamente as de Construción, Hidráulica, Portos e Costas, Enxeñería Sanitaria e Estudo Aeroelástico de Pontes.

Publicidade

A achega de máis de 1,7 millóns ao CITEEC destinarase fundamentalmente a 3 actuacións: a mellora da cuberta do centro, acondicionamento de laboratorios e colocación dunha plataforma hidráulica que permita optimizar o acceso aos laboratorios de Construción, Portos e Costas, Mecánica de Rochas, e Ferrocarrís e Transportes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Coruña é a provincia galega con máis mortes por calor en 2026

O Instituto de Saúde Carlos III, a través do MoMo, contabiliza a cifra máis alta na última década, con 231 defuncións estimadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

A Xunta declara a situación de seca prolongada nos sistemas do Ulla-Tambre e no da Costa Norte

A falta de precipitacións reduce os recursos hídricos e eleva a vixilancia en 74 concellos, mantendo a alerta nas concas do Lérez e do Anllóns

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada