Luns 26 Febreiro 2024

Dous de cada dez galegos pensan que o Sol xira arredor da Terra

Unha enquisa sobre percepción da ciencia revela que en tan só seis anos se duplicou o número de persoas que asumen o xeocentrismo

Galileo Galilei foi acusado de herexe a comezos do século XVII por propoñer que a Terra xiraba arredor do Sol e non ao revés, como se cría na época. Malia que xa pasaron 400 anos, a crenza segue instaurada nunha parte da sociedade galega. Sen ir máis lonxe, un 20,3% aínda pensa que o Sol xira arredor da Terra. Esta é unha das principais conclusións que se extraen da última Enquisa de Percepción Social da Ciencia e da Tecnoloxía, elaborada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt). Nela mídense diferentes parámetros, entre os que salienta a alfabetización científica.

En comparación cos datos recollidos en anos anteriores, demóstrase que hai un claro retroceso no que respecta ao coñecemento científico dos galegos. Polo menos, así o mostran as cifras comparativas entre o 2016 e o 2022. Hai seis anos, a porcentaxe de persoas que pensaban que o Sol xiraba arredor da Terra era dun 10,9%. É dicir, que nun período tan curto de tempo, a porcentaxe case se duplicou, situándose agora nun 20,3%. Ademais, esta é a cifra máis alta de toda España. O resto de comunidades autónomas, agás Asturias, están por debaixo do 15%.

Máis polo miúdo, esta cifra oscila considerablemente segundo o territorio. As tres comunidades que encabezan a lista son Galicia (20,3%), Asturias (78,3%) e País Vasco (14,3%). As que teñen porcentaxes máis baixas son Cantabria e A Rioxa, nas que o 100% das persoas enquisadas responderon correctamente, asegurando que é a Terra a que xira arredor do Sol. Na lista ségueas Navarra, onde o 3,4% dos participantes no estudo apostaron pola teoría xeocéntrica. A maioría de comunidades están por debaixo do 10%, como Andalucía, Baleares, Canarias, Castela e León, Cataluña, Valencia, Estremadura e Murcia. E tan só Aragón e Castela-A Mancha —ademais das mencionadas anteriormente— supera a barreira imposta polo 10%. A media nacional, de feito, sitúase no 9,3%.

Antibióticos, transxénicos e dinosauros

Non ter claro se é o sol o que xira arredor da terra, ou ao revés, non é a única resposta sorprendente da enquisa da Fecyt. Hai outras cuestións relativas á saúde, ao cambio climático e á paleontoloxía que tamén chaman a atención. Por exemplo, non saber para que serven exactamente os antibióticos. En Galicia, o 25,3% cre que este tipo de fármacos curan infeccións causadas tanto por virus como por bacterias, situándose no 69,8% os enquisados que responderon correctamente: os antibióticos só poden curar as infeccións causadas por bacterias. Uns datos que non difiren demasiado da media nacional, que se sitúa nun 26,6%, no caso de quen pensa que serven para tratar virus e bacterias, e nun 67,9% aqueles que responderon acertadamente. En todas as preguntas tamén houbo quen respondeu que non o sabía.

Tamén hai unha porcentaxe considerable de galegos que pensan que os primeiros humanos viviron ao mesmo tempo que os dinosauros. Concretamente, un 16,1% fronte ao 76,5% que negou esta afirmación. Un dato que está lixeiramente por enriba da media nacional, nun 14,7% naqueles que responderon incorrectamente e nun 79,6% naqueles que contestaron que os humanos nunca conviviron cos dinosauros. Salientan comunidades como Castela A-Mancha e Aragón cuxas porcentaxes superan o 20% de enquisados que pensan que si houbo unha coexistencia.

Un 25,3% cre que os antibióticos curan infeccións causadas por virus e bacterias

Outro dos temas a tratar na enquisa son os alimentos transxénicos. O 6,4% dos galegos participantes na enquisa pensa que comer froitas modificadas xeneticamente cambia os xenes das persoas que as consomen, fronte a un 82,7% que rexeita esta idea. Nesta ocasión, os datos están lixeiramente por debaixo da media nacional, na que se reflicte que un 7,4% de todas as persoas enquisadas pensaron que o consumo de alimentos transxénicos pode ocasionar cambios xenéticos en quen os consome.

Finalmente, tamén hai unha certa porcentaxe de galegos que cre que o home nunca pisou a lúa. Máis polo miúdo, hai un 12,1% de participantes que está totalmente de acordo con esta afirmación. Unha cifra que ascende ata o 20,9% se se valora, simplemente, que os enquisados estaban de acordo, sen máis gradación. Unha cifra que volve estar por enriba da media nacional, situada nun 17,6%, e que sitúa Galicia entre as comunidades autónomas cunha porcentaxe máis alta nesta cuestión. É dicir, na que hai un maior número de persoas que rexeitan a idea de que o home chegou algún día á Lúa, tal e como inmortalizou Neil Armstrong naquela coñecida Un pequeno paso para o home, un gran salto para a humanidade un 20 de xullo de 1969.

2 COMENTÁRIOS

  1. Sobre que el sol gira alrededor de la bóveda celeste es lo más intuitivo desde nuestra perspectiva la gente moderna se ha visto una foto de la NASA que ha causado mucho mal en la que se ve el planeta azul se ve a Concepción de la tierra desde el cielo que tenemos todos implantada pero imagínese que realmente los cálculos celeste para posicionarte se basaban en que el sol tiene una trayectoria fija en verdad es cierto Sobre que el sol gira alrededor de la bóveda celeste es lo más intuitivo desde nuestra perspectiva la gente moderna se ha visto una foto de la NASA que ha causado mucho mal en la que se ve el planeta azul se ve a Concepción de la tierra desde el cielo que tenemos todos implantada pero imagínese que realmente los cálculos celeste para posicionarte se basaban en que el sol tiene una trayectoria fija en verdad es cierto desde un observador desde la tierra El astro rey variar su curva y amplia
    O sea amplia su distancia según la estación

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural
00:04:28

Comer ovos dispara o noso colesterol?

Grazas aos avances científicos hoxe sabemos que esta relación non é máis que un mito. Iso si, outros factores como os hereditarios, poden forzarnos a reducir o consumo deste alimento
00:04:39

Pode caer un raio dúas veces no mesmo sitio?

Grazas aos pararraios a humanidade non teme hoxe as tormentas e o seu poder destrutivo, pero o lugar onde caen as descargas ten pouco de azar e moito de fondo científico

Estas son as mellores fotografías científicas de 2023

O corte transversal dunha casca de ovo, a simetría do brócoli e un nobelo de anisakis, entre as imaxes gañadores de FOTCIENCIA