Sábado 20 Abril 2024

17 de decembro: a data para saber se haberá estrela Rosalía ou Breogán

A Unión Astronómica Internacional revelará o vindeiro martes os nomes dos máis de 100 exoplanetas e as súas estrelas que se votaron nas pasadas semanas

A partir do vindeiro martes, Rosalía de Castro podería chegar onde nunca pensou: a darlle nome unha estrela que está a 240 millóns de anos luz da Terra. A escritora galega, xunto a Breogán e unha ampla lista de candidatos, opta a ser a gañadora dunha votación cuxo resultado anunciará o 17 de decembro a Unión Astronómica Internacional (IAU), nunha rolda de prensa que terá lugar no Observatorio de París.

Así o anunciou a entidade, que este ano celebra o seu centenario. Para conmemorar o aniversario, entre outras moitas actividades, a IAU puxo en marcha a campaña Name Exo Worlds, cos que se bautizará a máis dun cento de sistemas de planetas extrasolares e as súas estrelas. Ademais de Rosalía e Breogán, a votación propoñía para cada unha delas os nomes de Río Sar e Ith para os planetas.

Publicidade

Na votación, a cada país correspondeulle unha parella: España tiña que elixir os nomes para a estrela amarela HD 149143 e o seu xigante gasoso HD 149143 b.  No caso de Rosalía, a proposta foi da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío que, xunto á Fundación Rosalía e outras entidades, que desenvolveron nas pasadas semanas unha campaña para conseguilo. No caso de Breogán e Ith, a idea foi dos investigadores da Universidad Autónoma de Madrid Asier Castrillo e Isabel Rebollido (orixinaria de Boiro).

Foi a Sociedade Española de Astronomía (SEA), coa colaboración do Planetario de Pamplona, a entidade encargada de poñer en marcha este concurso en España. Hai uns meses abriuse o prazo para propoñer os posibles nomes. Recibíronse unha vintena de propostas por parte de astrónomos afeccionados e profesionais e tamén de persoas do público en xeral, das que se seleccionaron doce que cumpren cos requisitos da IAU.

Alén de Rosalía, río Sar, Breogán e Ith, en España puido votarse tamén por Cuelebre e Xana, personaxes da mitoloxía asturiana; Culebra e Malpolon, xéneros de culebras; Elcano e Vitoria, referencias á primeira volta en barco á Terra; Xirasol e Pétalo, flores; Iberia e Millares, península ibérica e unha das súas antigas civilizacións; Isabel e Diego, os amantes de Teruel; Tajo e Jarama, ríos; Tirant e Carmesina, personaxes de Tirant lo Blanc; e Zamenis e Phion, personaxes da mitoloxía grega relacionados coas serpes (como a constelación Ofiuco onde está a estrela)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Descubertos 59 exoplanetas, dos que 10 poden ser habitables

Un estudo liderado entre España e Alemaña fai públicas 20.000 observacións dunha mostra de 362 estrelas frías próximas

Así soa unha das estrelas máis espectaculares da Vía Láctea

Un proxecto da NASA converte a luz de RS Puppis en son con fins divulgativos e de accesibilidade para persoas con discapacidade visual