Curso de iniciación no voo de drones para todos os públicos, no Tecnópole de Ourense

Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole promove a celebración, o vindeiro 11 de xaneiro, da primeira experiencia de iniciación no voo de drons profesionais dirixida a todos os públicos que se realiza en Galicia. Durante unha formación teórico-práctica de oito horas, os participantes poderán coñecer e manexar os mesmos equipos utilizados en series como “El Príncipe” ou “El final del camino” –unha produción de RTVE que se emitirá en 2017– da man dos profesionais que estiveron a cargo destas gravacións.

Esta será a primeira experiencia formativa que se imparta no Parque Tecnolóxico de Galicia logo de que o helipuerto do recinto fose validado e autorizado pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) para acoller prácticas de voo de avións non tripulados. Con este curso, Tecnópole inicia unha nova liña de accións formativas no manexo de drons, en resposta á elevada demanda dun sector no que Galicia se está a posicionar de xeito moi competitivo, grazas a proxectos como a Civil UAVs Initiative da Xunta.

Publicidade

A empresa Aerocámaras, recén instalada na Tecnópole, será a encargada de introducir aos asistentes nos coñecementos básicos necesarios para voar drons profesionais. Na parte teórica, os alumnos recibirán coñecementos xerais sobre lexislación, diferentes modelos de drons e as súas utilidades e nocións básicas de voo, entre outros temas. Posteriormente, no campo de voo, realizarán exercicios titorizados polos docentes expertos.

O cupo de participantes está limitado a 25 para garantir unha formación participativa. A inscrición está aberta na web da Tecnópole (https://www.tecnopole.es/es/curso-iniciacion-drons) ata o 9 de xaneiro.

Publicidade

Aerocámaras é unha empresa galega con ampla experiencia no sector como operadora de drons pioneira en España, ao ser a primeira autorizada pola AESA. Ás súas escolas de pilotos repartidas por oito provincias españolas, suma a realización de proxectos en oito países. En España, ten participado en proxectos audiovisuais de Mediaset, TVE e Atresmedia e ten impartido formación en colaboración con varias universidades, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación

A volta das lapas

As consecuencias dos incendios do verán de 2025 e o primeiro gran lume de 2026. Por Andrea Veiga