Venres 29 Marzo 2024

Máis de 30 relatos en galego participan no concurso Inspiraciencia

Inspiraciencia, o concurso de relatos de inspiración científica impulsado polo CSIC e apoiado pola Fecyt, xa ten aberto o prazo de votación para as 637 obras presentadas, o que supón un récord de participación no certame. Ata o vindeiro 11 de xuño poderase votar na web inspiraciencia.es. De todos estes traballos, un total de 31 relatos están escritos en galego. Son 16 na categoría xuvenil e 15 na categoría adulta.

Ademais do premio popular, no que se terá en conta o voto do público, Inspiraciencia tamén outorga un premio do xurado, integrado por representantes do CSIC e de institucións literarias de cada unha das linguas do Estado. Os gañadores daranse a coñecer o día 30 de xuño nun acto que terá lugar no Muncyt da Coruña.

Publicidade

Desde Galicia, en Inspiraciencia colabora o CSIC a través da súa delegación na comunidade e de catro centros de investigación: a Misión Biolóxica de Galicia, o Instituto de Investigacións Mariñas, o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas e o Instituto de Ciencias do Patrimonio. Pola parte literaria tamén colabora a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a editorial Galaxia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que fai a supercomputación galega nun xacemento exipcio de hai 3.500 anos?

O CESGA almacena nun repositorio seguro a información das campañas de escavación que se desenvolven na antiga cidade de Tebas

Un equipo do CSIC logra controlar unha doenza causante da extinción dos anfibios

Os investigadores aplicaron un funxicida agrario sen observar trazas do produto nin efectos significativos na química e bioloxía da auga

Zendal lanza a primeira vacina de tecnoloxía ADN contra a leishmaniose canina

‘Neoleish’ reduce a presenza do parasito en máis dun 90% e mellora os signos clínicos da doenza

Un composto natural reduce o impacto da seca e mellora a produtividade do tomate

Un equipo do CSIC e da UPV descobre como actúa o butanoato de hexenilo, un aroma que emiten estas plantas para resistir ás bacterias