Convocada a IV edición dos premios Zendal

O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 3 de outubro

O grupo Zendal convoca a IV edición dos International Zendal Awards, os galardóns anuais que organiza o grupo biofarmacéutico co obxectivo de visibilizar, promocionar e recoñecer novos proxectos de investigación no ámbito da saúde humana e animal. Os premios, abertos a institucións e equipos de traballo, tanto públicos como privados, establecen dúas categorías: saúde humana, dotado con 40.000 euros, e saúde animal, con 25.000 euros. As candidaturas poderanse presentar ata o próximo 3 de outubro a través da páxina web do grupo Zendal.

Concédese tamén un premio homenaxe, destinado a recoñecer unha traxectoria. Neste caso, está dirixido a persoas que contribuísen co seu traballo e os seus méritos na área científica, ao desenvolvemento das vacinas e outros produtos da saúde, a prevención, a biotecnoloxía e o concepto One Health.

Publicidade

Este ano incorpórase como novidade unha mención especial para distinguir a mellor iniciativa á Sustentabilidade, en consonancia coa visión do Grupo Zendal, xa que a saúde humana e animal están interconectadas co benestar e conservación dos ecosistemas. Ao reto de investigar, desenvolver e fabricar súmase o facelo cunha perspectiva integradora, tendo en conta a totalidade de seres vivos do planeta e o medioambiente. Así, esta nova categoría, dotada con 5.000 euros e cuxa candidatura será proposta polo comité científico, pretende impulsar aquela iniciativa que contribuíse de forma sobresaínte á sustentabilidade.

Para a concesión dos premios, valoraranse especialmente aquelas candidaturas que realizasen achegas relevantes en investigación e medicina e biotecnolóxica con solucións innovadoras e con capacidade transformadora. Ademais, a fin de garantir unha elección nos termos máis obxectivos posibles, teranse en conta factores como a viabilidade do proxecto, a súa aplicabilidade, e a súa contribución á mellora da vida en termos de progreso e benestar.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia exhibe a súa biotecnoloxía en BioSpain coa participación de máis dunha decena de organizacións

O ecosistema galego reúne en Bilbao empresas, universidades e centros de investigación, e pon o foco no crecemento dun sector que xa suma 162 compañías activas

Sete anos de ciencia e innovación: estes foron os gañadores nas últimas edicións dos Premios Zendal

A convocatoria de 2026 permanece aberta ata o vindeiro 20 de setembro e repartirá 65.000 euros entre proxectos de saúde humana e animal

A galega Zendal completa a vacinación de máis de 7.000 bebés no ensaio da súa vacina contra a tuberculose

O proxecto internacional avaliará se MTBVAC protexe mellor fronte á enfermidade en comparanción con BCG, a única aprobada actualmente para vacinar os recentemente nados

Zendal convoca a sétima edición dos seus premios internacionais á investigación en saúde

Os galardóns, divididos en dúas categorías, buscan recoñecer proxectos de excelencia e manteñen aberto o prazo de candidaturas ata o 20 de setembro