Constituída en Lugo a comisión rectora do Campus Terra

A comisión reitora do Campus Terra da USC botou a andar este xoves na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, onde o reitor Juan Viaño presidiu a reunión de constitución formal do máximo órgano de goberno do Campus Terra, que, na súa primeira xuntanza de traballo ordinaria e logo de presentar o plan de actuacións previstas para o exercicio 2016, acordou aprobar a estrutura de gobernanza do Campus Terra da USC, así como o calendario de reunións da citada comisión reitora.

O reitor da USC, Juan Viaño, é tamén o presidente da comisión reitora do Campus Terra, que está integrada por un total de 17 membros, entre os que figuran, ademais dos vicerreitores Javier Bueno Lema, Andrés Barreiro Lois e Carme Silva Domínguez, decanos e directores das facultades e escolas universitarias da USC no campus de Lugo, o xerente da USC, José Manuel Villanueva; o vicerexerente do campus lugués, José Luis Cruz, así como o presidente do Consello Social da USC, José María Arias Mosquera, que actuará como vicepresidente do máximo órgano de goberno do Campus Terra.

Publicidade

Unha vez formalizada a comisión reitora do Campus Terra da USC e logo de que o seu presidente, o reitor Juan Viaño, informara sobre o plan de actuación 2015-2016, todos os membros procederon á aprobación da estrutura de gobernanza do Campus Terra e do calendario de reunións da referida comisión.

Máis información no seguinte enlace:

Publicidade

http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2016_01/noticia_0029.html

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior

A lucense que agarda un dobre transplante de páncreas e ril e converteu o hospital nun lenzo da súa vida

Monse Fernández publica "Haxa salú!", editado pola Fundación Renal Española, no que relata longas estancias médicas e anécdotas do día a día

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias